Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Cine de fotógrafos

O respecto pola cámara e unha sorte de empatía co que se vai filmar connota un tipo de cinema realizado por fotógrafos: o documental. Nel, a subxectividade deu un paso á autorreferencialidade, ao autor como parte do seu material, e á exploración de prácticas intersticiais que unen documental e ficción.

‘¿Herencia da fotografía?’. A resposta afirmativa de Godard, trasladada ao documental, abre a porta a unha serie de variacións que, desde a instantánea como corte no fluír do real e ató o cinema de montaxe como expresión do non visíbel, están marcadas por cada época, polos seus autores e pola adherencia a unha idea que a Nova Obxectividade anticipa. Autores con dúas cámaras: Paul Strand, William Klein, Robert Frank e Raymond Depardon, ou cineastas formados na fotografía como Joris Ivens ou Johan van der Keuken, configuran o material primordial desta obra arredor do documental na foto e no cinema, das súa transferencias, contradiccións e apostas.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2005Titulo: Cine de fotógrafos Categoría: Libro Título revista/libro: Cine de FotógrafosPáxina inicial: 1Páxina final: 267Cidade: BarcelonaPaís: Cataluña (España)Editorial: Gustavo GiliISBN: 84-252-2001-7
© 2024 Estudos Audiovisuais