Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Cine Diversidad y Redes.Pequeñas cinematografías, políticas de la diversidad y nuevos modos de consumo cultural

Este libro foi redactado no marco da investigación ‘Cine, Diversidad e Redes’ desenvolvida polo Grupo de Estudos Audiovisuais (G.I. 1786) da Universidade de Santiago de Compostela coa colaboración do Instituto Universitario Nacional da Arte de Arxentina, a Universidade Nacional de Quilmes, o Instituto Escola Nacional de Belas Artes da Universidade da República de Uruguai, a Pontifícia Universidade Católica do Río Grande do Sul, o Museo da Emigración Galega na Arxentina e o Patronato da Cultura Galega de Uruguay .

O proxecto, con referencia CSO2009-13702, conta co financiamento do Ministerio de Economía e Competitividad do Goberno de España a través do Plan Nacional de I D i (2008-2011).

‘Cine, Diversidad e Redes’, ten como finalidade coñecer e analizar a recepción de produtos cinematográficos galegos a partir de determinadas variables tecnolóxicas que afectan aos novos modos de circulación da produción cinematográfica e audiovisual en Arxentina, Brasil e Uruguai, países nos que existen comunidades emigrantes que se significan pola súa condición de cidadáns con dereito a voto en Galicia e que, nesa mesma medida, se constitúen en targets ou obxectivos prospectivos de interese. Contribúe, xa que logo, a satisfacer unha dobre necesidade: unha de carácter económico e industrial, coadxuvante da apertura de novos mercados e modelos de distribución baseados na innovación tecnolóxica, e unha segunda, de carácter social, orientada á determinación daqueles codificadores culturais que faciliten a aceptación de contidos cinematográficos destinados a comunidades que, aínda que xeográficamente dispersas, se definen por elementos identitarios como o idioma.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2013Titulo: Cine Diversidad y Redes.Pequeñas cinematografías, políticas de la diversidad y nuevos modos de consumo cultural Categoría: Libro Cidade: Buenos AiresEditorial: Instituto Universitario Nacional del Arte (IUNA). URL: https://www.dropbox.com/s/4yc3hhvhc2t3n1j/Ledo.M._coord_Cine%20Diversidad%20y%20Redes.pdf?dl=0
© 2024 Estudos Audiovisuais