Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v.o.

Dende a perspectiva das industrias culturais e creativas, o cinema destácase como un dos territorios máis representativos para a innovación e a aplicación de tecnoloxías dixitais, tanto a nivel de producción como de difusión das obras. Porén, ao ter que enfrontar un entorno audiovisual moi competitivo a nivel mundial, o tránsito cara o dixital trae consigo un horizonte incerto para a gran mayoría das cinematografías europeas.

Os actuais programas europeos para a cinematografía fan referencia á súa contribución á diversidade cultural e lingüística, sinalándoa como un activo para superar a fragmentación. Ao tempo, constátanse deficiencias estructurais vencelladas ás súa circulación e posta en valor.

Partindo da hipótese de que a versión orixinal é un indicador inequívoco da existencia dun universo europeo plural composto por pequenas cinematografías, e de que a migración dixital facilita o intercambio, a accesibilidade e as novas modalidades de consumo, a investigación evidenciará:

a) que medidas deben contemplar os programas de políticas públicas que pretendan transformar as ameazas do novo escenario nunha oprotunidade para a visibilidade e o incremento do valor de uso e de cambio do cinema en v.o.

b) que elementos deben considerarse para que a diversidade creativa sexa, ao mesmo tempo, unha marca para a súa proxección internacional.
















Entidade financiadora: Ministerio de Economía e CompetitividadeData de inicio: 31/12/2013Data de fin: 31/12/2015I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Marta Pérez Pereiro Ana Isabel Rodríguez Vázquez , Demetrio Brisset, Francisco Apillaga, José Gabriel Ferreras, Begoña Gutiérrez, Miren Manias, Mª Ángeles Martínez, Francisco Reyes, Francisco Sierra, Javier Sierra, Xosé Soengas, Mónica Valderrama Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidad Complutense de Madrid, Universidad de Málaga, Universidad de Murcia, Universidad de Salamanca, Universidad de Sevilla, Universidad del País Vasco, Universidade de Vigo
NOVAS RELACIONADAS
O Grupo de Estudos Audiovisuais presenta o libro «Marcas na paisaxe»
11/06/2018

O martes 12 de xuño ás 20. 00 horas, a libraría NUMAX acolle a presentación do libro Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega, editado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e a Editorial Galaxia baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión. Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua […]

Seguir lendo
PUBLICACIÓNS RELACIONADAS
eDCINEMA. Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v.o.
2016 eDCINEMA. Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v.o. Margarita Ledo Andión (coord.)
Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega
Para unha historia do cinema en lingua galega
2018 Marcas na paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega.
«Ao abeiro de dúas efemérides, os cincuenta anos do 1968 como animador do cinema militante e a declaración de 2018 como ‘Ano europeo do Patrimonio Cultural, Material, Inmaterial e Dixital’, quixemos retomar os vieiros do cinema con capítulos que nos traian outra volta o cine de emigración, presente en cada…
Identidades al margen y en los márgenes
Frontera y laberinto en Arraianos (Eloy Enciso, 2012)
2015 Fonseca Journal of Communication
O filme que aquí estudamos, Arraianos ( Eloi Enciso, 2012), discorre ao redor dun cruzamento de camiños no que conflúen o ficcional e o documental, alí onde se confontan unha marcada representación antinaturalista dun espazo, e do grupo humano que o habita, e unha vontade de indagación visual do devandito…
Galicia en V.O. El cine militante y el lugar de Llorenç Soler en la construcción del cine gallego contemporáneo
2012 Llorenç Soler. La mirada comprometida
Entre 1976 e 1978 Llorenç Soler roda en Galiza catro mediometraxes que se converten en referencia do cinema militante, do cinema en lingua galega e da signatura do propio cineasta. A paisaxe do cinematógrafo dos anos 70 en Galicia; os textos, os recordos, a descrición que o autor realiza do…
Creative Destruction as Economic Pattern of Europe’s Small-Scale Audiovisual Media Markets and Minority -Language Film Industries
A crise xeneralizada do modelo económico contemporáneo veu a agravar outra crise latente no ámbito mediático desde hai décadas: unha crise estrutural que demanda modelos verdadeiramente interactivos, capaces de usufructuar o enorme potencial (informativo, formativo, persuasivo e de entretemento) das redes dixitais de comunicación, implementando nos seus formatos novos valores…
Renaiming Itself. Nuevas definiciones en el cine contemporáneo
2015 Fonseca Journal of Communication
A idea de renomear o cinema desde determinadas prácticas, toma de posición e aspectos pouco regrados, cando non invisibilizados, foi tomando corpo na conxunción do uso das tecnoloxías como un recurso para as políticas da diversidade e dun crecente compromiso crítico, tamén desde a Academia, por incorporar novas notacións: cinema…
Acciones (in)diferentes, tensiones latentes
A propósito de feminismo y “Novo Cinema Galego”
2016 IC Revista Científica de Información y Comunicación
Existen lazos invisibles entre un acontecemento que se dá a ver co apelativo Novo Cinema Galego (NCG) e determinadas prácticas que singularizan o cinema que identificamos como feminista? Baixo este interrogante iniciamos unha reflexión para, de confirmarse esa analogía, poñérmonos a pensar por que esta “filiación” non se verbaliza por…
El rol del cine en versión original en el espacio digital Europeo
Fronte á contrastada relevancia do acceso a contidos en v.o. como complemento indispensable da cohesión cultural europea e da consecución do ideal de diversidade lingüística, a Unión Europea continúa implementando paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistémica ausencia de resultados. Consecuentemente,…
Cinema europeo en linguas de nacións sen estado e pequenas nacións
2016 Revista Latina de Comunicación Social
A recente incorporación ao dominio da reflexión académica dunha denominación diversa: cinema de pequenas nacións, identitario, en linguas minoritarias/minorizadas. A reconceptualización do termo cinema nacional, síntoma da multiplicidade de prácticas de linguas aínda sobreviventes. E unha abordaxe da política comunitaria en dúas vertentes: lingüística e cinematográfica, serán os nosos asuntos. Metodoloxía. Isto…
© 2024 Estudos Audiovisuais