Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

La mirada documental

Existe un modo de produción de imaxes que arrastra consigo a inevitabilidade do espectador, a relación entre autor, personaxes e representación, cara a un fóra de campo no que unha cariátide mantén coa súa man diáfana o paso do tempo e a construción, continxente, do tempo por parte do espectador. O un e o múltiple, en Porto ou en Lyon fílmase un déjà vu: a fábrica e a saída da fábrica. Unha icona da modernidade para que poida ser recoñecida polo público xusto no momento en que ésta se constitúe como espectador, isto é, no momento da proxección. E se desde a oralidade nos foramos achegando á visibilidade, e se coa ilusión de movemento ademais da articulación de efectos-verdade nos foramos situando no audiovisual, na última década, tanto por razóns tecnolóxicas como ideolóxicas, entramos –ponñamos por caso coa Guerra do Golfo– no audiovirtual, onde o espectador ocupa un non-lugar.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2002Titulo: La mirada documental Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Temes de DissenyNúmero: 19Páxina inicial: 47Páxina final: 53URL: https://www.raco.cat/index.php/Temes/article/view/29737
Descarga a publicación
© 2019 Estudos Audiovisuais