Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Fotografías desde donde el mundo se llama Galicia

Se o noso obxectivo de base é reconstruír a historia do fotoperiodismo en Galicia desde a foto como parte do discurso xornalístico, iso obríganos a constatar algunhas reservas que inutilizan un relato lineal ao non poder equiparar, e menos tratándose dunha institución social como a prensa, o período que conduce á Segunda República cos longos anos da ditadura, nin tampouco poder extraer unha influencia relevante por parte das prácticas fotográficas dos primeiros anos da transición política na posterior configuración da función do fotoperiodismo nas empresas editoras de medios. As entradas que aventuramos tratan de establecer un vínculo antropolóxico entre determinadas imaxes, de puntuar a significación do acto fotográfico e, por fin, de poñer en valor a propia mirada, as fotos que lembras, esas imaxes que entre todas as imaxes son as nosas e que recuperas para que outras persoas as queiran.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2010Titulo: Fotografías desde donde el mundo se llama Galicia Categoría: Artigo científico Título revista/libro: Revista Latina de Comunicación SocialPáxina inicial: 146Páxina final: 158URL: http://www.revistalatinacs.org/10/art/889_USC/11_Margarita_Ledo.html
Descarga a publicación
© 2024 Estudos Audiovisuais