
Cine Documental. Cibercultura, tecnologías de proximidad.
Automatismo cyborg e hibridación cultural están na base dunha terminoloxía expansiva que nos indica, en presente, a implicación da tecnoloxía na experiencia persoal e política. O cinema documental, un deses obxectos nos que a marca do dispositivo tecnolóxico é parte, ao mesmo tempo, da relación co real e da formalización dese real, entrou de cheo no ‘eu filmo’ como compromiso. E se máis aló de cuestións ‘ performativas’ -como a rapidez de acceso a materiais gravados ou almacenados; a multiplicación de combinatorias no editing; a posta en relación do cru e o cocido, do vestixio e o virtual; a pantalla como pasaxe…- buscamos unha variante contemporánea sintomática dun modo de pensar o uso da tecnoloxía como constitutiva dunha obra, o ensaio documental feminista é un bo banco de probas.
