Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Del Cine-Ojo a Dogma 95

O documental, ese cine á maneira fotográfica que durante tanto tempo foi considerado un produto menor, reaparece agora non só como cine de autor, senón como un dos produtos máis apropiados para a nova reflexión contemporánea en torno á industria cultural e a súa excepcionalidade. A idea, a cámara, a forma e a posta en escena da realidade xeraron, desde o primeiro momento, diferentes propostas, que se examinan aquí a partir das súas aportacións teóricas, das obras e das condicións históricas nas que se realizaron. A pluralidade do período fundacional, o da década dos anos vinte e trinta, supuxo a aparición de autores como Vertov, Epstein o Grierson. Pero houbo momentos, ao longo do século XX, nos que o real encontrou tamén o seu propio cul de sac. A resposta chamouse neorrealismo, chamouse Nouvelle Vague, chamouse Free Cinema e chamouse cinema directo: observar o que pasa. Nos anos sesenta irrompeu o cinema militante, co boom latinoamericano e o retorno da teoría. A última parte do libro, en fin, céntrase na influencia e a presenza do documental na ficción finisecular.

Autor/a: Margarita Ledo Andión Ano: 2004Titulo: Del Cine-Ojo a Dogma 95 Categoría: Libro Título revista/libro: Del Cine-Ojo a Dogma 95Páxina inicial: 1Páxina final: 204Cidade: BarcelonaPaís: Cataluña (España)Editorial: PaidósISBN: 84-493-1349-X
© 2024 Estudos Audiovisuais