Cinema e deporte. Clase xénero e cuestión nacional
Actividade organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais, Cinema. Col.lectiu d´Investigación Estética des Mitjans Audiovisuals e o Cineclube de Compostela.
Os días 14 e 15 de setembro de 2023 celebrarase no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o seminario Cinema e deporte. Clase xénero e cuestión nacional. Este seminario está organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela, Cinema. Col.lectiu d´Investigació Estètica des…
Aberta a inscrición para a oitava edición do CO(M)XÉNERO
Os cinemas do eu e dende o eu, o cine proceso como fórmula reflexiva, o cine ensaio como método de pensar o mundo a través das imaxes e como método para deixar que as imaxes recuperen o seu peso serán as prácticas que abordaremos nesta oitava edición do CO(M)XÉNERO, organizada…
CO(M)XÉNERO VIII. Videoensaio: cinema menor?
O Seminario Permanente de Comunicación e Xénero está titulado desta volta `Videoensaio: cinema menor?´
Os cinemas do eu e dende o eu, o cine proceso como fórmula reflexiva, o cine ensaio como método de pensar o mundo a través das imaxes e como método para deixar que as imaxes recuperen o seu peso serán as prácticas que abordaremos nesta oitava edición do CO(M)XÉNERO, organizada…
A configuración da paisaxe fílmica galega: da luz á memoria
4 e 5 de outubro creadores e investigadores reflexionarán sobre a construción cinematográfica da paisaxe galega na contemporaneidade
O Grupo de investigación de Estudos Audiovisuais (GEA) da Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso `A configuración da paisaxe fílmica galega: da luz á memoria´ na Facultade de Ciencias da Comunicación os vindeiros días 4 e 5 de outubro. O obxectivo é unha reflexión sobre a construción cinematográfica…
As estratexias visuais da loita: traballadoras da limpeza e do fogar nas formas fílmicas híbridas de afrontar o real en España (2000-2020)
Este artigo estuda os documentais críticos e activistas realizados nos últimos vinte anos en España que abordam a situacióno de invisibilidade e explotación das empregadas domésticas e camareiras de hotel. Neses filmes, os trazos das loitas laborais impregnan a factura fílmica. Eses documentais caracterízanse polo traballo na dialéctica invisibilidade-visibilidade -…
Presentación de “Lume na periferia” en Numax
O cuarto volume da serie Marcas na Paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega coordinado desta volta polo docente Xosé Nogueira, Lume na periferia, presentarase o próximo xoves 2 de xuño ás 20.30h da tarde na Libraría Numax. No encontro participarán o propio Nogueira, xunto a Margarita Ledo…
La revuelta en la mirada: Las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años veinte
Este libro aborda o estudo da temporalidade moderna a través do cine de vangarda europeo dos anos vinte, á vez que cartografía a produción fílmica vangardista. Os cineastas de vangarda recorreron a modernidade rescatando as imaxes e os tempos descartados polos discursos visuais e históricos dominantes. Retrataron a pluralidade desas…
I Seminario de crítica en formato podcast
Organizado por A Cuarta Parede en colaboración co GEA e o Play-Doc
A Cuarta Parede retoma os seminarios de crítica en colaboración co Festival Play-Doc de Tui e co Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA). Entre os días 7 e 8 de maio terá lugar en Tui o I Seminario de crítica en formato podcast, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender…
Cineuropa acolle a presentación de De illas e sereas
Margarita Ledo, Marta Pérez Pereiro e Fernando Redondo presentarán de De illas e sereas. Para unha historia do cinema en lingua galega [3] ao abeiro do #Cineuropa34. O acto emitirase en liña ás 18 da tarde do luns 16 e enmárcase nunha serie de actividades paralelas do festival, como a…
«De illas e sereas» amplía a historia do cinema en lingua galega impulsada polo GEA
O Grupo de Estudos Audiovisuais vén de publicar De illas e sereas (Editorial Galaxia, 2020), terceira entrega da serie Para unha historia do cinema en lingua galega na que desta volta as autoras e autores analizan os filmes galegos que chegaron ás pantallas no último ano ou aqueles que están aínda…