De illas e sereas
Para unha historia do cinema en lingua galega (3)
«Para unha historia do cinema en lingua galega, 1, 2 e 3» é a proba fáctica do noso «desexo de comunidade» tal e coma Jacques Rancière observa determinados acontecementos contemporáneos que queren ocupar a esfera pública, evitar o seu aniquilamento. E a creación, en calquera soporte, linguaxe ou formulación, é un deses acontecementos. Mais tamén constata a existencia da devandita «comunidade electiva», na feliz distinción de Maurice Blanchot, que nos leva a considerar o cinema en lingua galega como un deses «momentos estelares» da cultura de noso en que o fai propio para partillar coa humanidade unhas obras nas que o real, o imaxinario e o modo de contalo nos configuran.
A serea é esa imaxe que guía a sorte do vaixel no mascarón de proa; é a cariátide voandeira que exhibe os seos na capela do Salvador da catedral de Santiago;
é a esfinxe de cabelos alados que Castelao soñou como escudo de Galiza canda o lema «denantes mortos que escravos»; é a serea que se fundiu cun lobo da illa Lobeira e dela emerxeron as rendas de Camariñas, a que se uniu ao cabaleiro de Roncesvalles e deu orixe á saga dos Mariño, navegantes até mais aló de Chile, a que chega de lonxe mais nunca é estranxeira. Desexo de sereas é, xa que logo, esa seiva no noso imaxinario que nos fai ir alén e amar o cinema en lingua galega. Aínda que no luscofusco a figura deveña ambigua, por veces ríspeta e ameazadora, nós imos termar sempre desa lanchiña de papel onde os filmes poidan, contra vento e marea, navegar de illa en illa.
Unha presada de investigadoras e investigadores de diferentes xeracións e con miradas distintas, do Grupo de Estudos Audiovisuais e tamén de fóra, tecemos este relato ao redor dun mundo que se chama cinema á marxe de servidumes académicas e dende a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas.
Índice
Proemio. Margarita Ledo Andión.
Desexo de cinema: emoción e inscrición de clase. Fernando Redondo Neira.
Entre illas. Reciclaxe e arquivo no cinema galego. Cibrán Tenreiro Uzal.
Illas descoñecidas. Alberte Pagán.
Illas espello. Margarita Ledo Andión.
Lúa vermella, de Lois Patiño. Unha mirada onírica a propósito dun universo real. Antía López Gómez.
Se fan sufrir é porque sofren. Réquiem pola Galiza rural. (O que arde, Oliver Laxe, 2019). José Luis Castro de Paz, Pablo Súarez-Mansilla.
Illas no deserto. Cinema galego na diáspora. Marta Pérez Pereiro.
Financing Entity: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RStart Date: 30/12/2016End Date: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoParticipating Researchers: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Participating Entities: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling