Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais
De-illas-e-sereas-cuberta

De illas e sereas

Para unha historia do cinema en lingua galega (3)

«Para unha historia do cinema en lingua galega, 1, 2 e 3» é a proba fáctica do noso «desexo de comunidade» tal e coma Jacques Rancière observa determinados acontecementos contemporáneos que queren ocupar a esfera pública, evitar o seu aniquilamento. E a creación, en calquera soporte, linguaxe ou formulación, é un deses acontecementos. Mais tamén constata a existencia da devandita «comunidade electiva», na feliz distinción de Maurice Blanchot, que nos leva a considerar o cinema en lingua galega como un deses «momentos estelares» da cultura de noso en que o fai propio para partillar coa humanidade unhas obras nas que o real, o imaxinario e o modo de contalo nos configuran.

A serea é esa imaxe que guía a sorte do vaixel no mascarón de proa; é a cariátide voandeira que exhibe os seos na capela do Salvador da catedral de Santiago;
é a esfinxe de cabelos alados que Castelao soñou como escudo de Galiza canda o lema «denantes mortos que escravos»; é a serea que se fundiu cun lobo da illa Lobeira e dela emerxeron as rendas de Camariñas, a que se uniu ao cabaleiro de Roncesvalles e deu orixe á saga dos Mariño, navegantes até mais aló de Chile, a que chega de lonxe mais nunca é estranxeira. Desexo de sereas é, xa que logo, esa seiva no noso imaxinario que nos fai ir alén e amar o cinema en lingua galega. Aínda que no luscofusco a figura deveña ambigua, por veces ríspeta e ameazadora, nós imos termar sempre desa lanchiña de papel onde os filmes poidan, contra vento e marea, navegar de illa en illa.

Unha presada de investigadoras e investigadores de diferentes xeracións e con miradas distintas, do Grupo de Estudos Audiovisuais e tamén de fóra, tecemos este relato ao redor dun mundo que se chama cinema á marxe de servidumes académicas e dende a crítica aos modos obsoletos de pensar nas películas.

Índice

Proemio. Margarita Ledo Andión.

Desexo de cinema: emoción e inscrición de clase. Fernando Redondo Neira.

Entre illas. Reciclaxe e arquivo no cinema galego. Cibrán Tenreiro Uzal.

Illas descoñecidas. Alberte Pagán.

Illas espello. Margarita Ledo Andión.

Lúa vermella, de Lois Patiño. Unha mirada onírica a propósito dun universo real. Antía López Gómez.

Se fan sufrir é porque sofren. Réquiem pola Galiza rural. (O que arde, Oliver Laxe, 2019). José Luis Castro de Paz, Pablo Súarez-Mansilla.

Illas no deserto. Cinema galego na diáspora. Marta Pérez Pereiro.

De-illas-e-sereas-cuberta
Autor/a: José Luis Castro de Paz Antía López Gómez Marta Pérez Pereiro Fernando Redondo Neira Cibrán Tenreiro Uzal , Alberte Pagán, Pablo Suárez-Mansilla Año: 2020Titulo: De illas e sereas Categoría: Libro Título de la revista/libro: De illas e sereas. Para unha historia do cinema en lingua galegaVolumen: 3Editorial: Galaxia
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en lenguas no hegemónicas FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Entidad financiadora: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RFecha de inicio: 30/12/2016Fecha de fin: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Entidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
Georreferenciamos la situación del subtitulado europeo en lenguas no hegemónicas a través de una cartografía comparativa de políticas públicas y prácticas sectoriales, de la taxonomización de las principales barreras y/o motivaciones en la accesibilidad al cine VOS, de la singularización de aquellas experiencias más innovadoras a nivel tecnológico o creativo que, atendiendo a la calidad de los subtítulos y a su integración en la obra cinematográfica, permitan usufructuar las aportaciones al diseño universal aplicado a la accesibilidad mediática, al subtitulado parcial y al subtitulado creativo.
Seguir leyendo
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais