Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

A foresta e as árbores

Para unha historia do cinema en lingua galega (2)

«So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, contrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza […] Sobordando tópicos, este é un libro no que as árbores deixan ver a foresta, a foresta prata, talvez de bidueiros. Este é un libro que nos pon nas mans un catálogo de filmes que revelan, para alén dos motivos, a posibilidade dunha cinematografía diversa: nas súas propostas estéticas, na proximidade ou no afastamento radical das regras que definen os chamados “xéneros”, na concreción dun modo de pensar o cinema que, paso a paso, se sente parte dunha tradición que relatamos e puntuamos no volume 1, en Marcas na paisaxe. E que ecoa -saibámolo ou non- dende unha posición moi querida de nós, a daquela consideración de Laura Mulvey no sempre citado seu artigo Visual Pleasure and Narrative Cinema [Pracer Visual e Cine Narrativo], a prol dunha nova linguaxe do desexo: deixar, sen rexeitalo, o pasado atrás».

Índice

Prefacio. Margarita Ledo Andión.

Filmar o dó. Dó de nós. Filmar a perda. Mª Soliña Barreiro González.

Filmar o velado. Xosé Nogueira.

Filmar o traballo. Enrique Castelló Mayo.

Filmar a ollada. Fernando Redondo Neira.

Filmar as Pulsións. Formas e montaxes do desexo. As pulsións e os seus destinos no cine en galego actual. José Luis Castro de Paz.

Filmar a pantasma. Antía López Gómez.

Filmar a tribo. Filmar a tribo, filmar o íntimo no cinema galego contemporáneo. Marta Pérez Pereiro.

Fóra de campo. Traumas históricos e persoais no cinema galego. Iván Villarmea Álvarez.

 

Author: Margarita Ledo Andión José Luis Castro de Paz Antía López Gómez Enrique Castelló Mayo Fernando Redondo Neira Marta Pérez Pereiro María Soliña Barreiro , Xosé Nogueira Otero, Iván Villarmea Álvarez Year: 2019Titulo: A foresta e as árbores Category: Book Title magazine/book: A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galegaVolume: 2Editorial: Galaxia
Download the publication
INVESTIGATION / LINKED FRAMEWORK
EUVOS. Intangible Cultural Heritage. For an European Programme for Subtitling in Non-Hegemonic Languages FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Financing Entity: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RStart Date: 30/12/2016End Date: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoParticipating Researchers: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Participating Entities: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais