Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Prefacio. A foresta e as árbores

So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, constrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza.

Outra volta a distinción dos capítulos vai cara a aspectos que pasan polo corpo, polos sentidos, polas marxes, e ten a ver coas propostas que os e as cineastas desenvolveron nas súas obras, obras de ficción por veces, documentais ou en pasaxe entre un e outro territorio as máis. Filmar o dó, filmar o velado, filmar o traballo, filmar a ollada, filmar a pantasma, filmar a tribo, filmar as pulsións canda o fóra de campo son as estacións que amplían esta viaxe que quereriamos longa e frutífera.

[…]

Sobordando tópicos, este é un libro no que as árbores deixan ver a foresta, a foresta prata, talvez de bidueiros. Este é un libro que nos pon nas mans un catálogo de filmes que revelan, para alén dos motivos, a posibilidade dunha cinematografía diversa: nas súas propostas estéticas, na proximidade ou no afastamento radical das regras que definen os chamados «xéneros», na concreción dun modo de pensar o cinema que, paso a paso, se sente parte dunha tradición que relatamos e puntuamos no volume 1, en Marcas na paisaxe. E que ecoa —saibámolo ou non— dende unha posición moi querida de nós, a daquela consideración de Laura Mulvey no sempre citado seu artigo «Visual Pleasure & Narrative Cinema» [Pracer visual e cine narrativo], a prol dunha nova linguaxe do desexo: deixar, sen rexeitalo, o pasado atrás.

Author: Margarita Ledo Andión Year: 2019Titulo: Prefacio. A foresta e as árbores Category: Book chapter Title magazine/book: A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galegaVolume: 1Beginning page: 9Ending page: 17City: VigoCountry: Galicia (España)Editorial: GalaxiaISBN: 978-84-9151-335-3
INVESTIGATION / LINKED FRAMEWORK
EUVOS. Intangible Cultural Heritage. For an European Programme for Subtitling in Non-Hegemonic Languages FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-R
Financing Entity: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RStart Date: 30/12/2016End Date: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoParticipating Researchers: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Participating Entities: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas
© 2024 Estudos Audiovisuais