Esta semana chega ás salas de cinema Longa noite, o novo filme de Eloy Enciso, un retrato da sociedade galega da posguerra construído a partir de textos de Max Aub, Luís Seoane ou Alfonso Sastre. Para celebralo, a sala NUMAX organiza, do 5 ao 12 de decembro, unha serie de coloquios e presentacións nas que participarán tanto membros do equipo técnico e artístico da película como investigadoras, escritoras e profesoras, que achegarán ao público diversas perspectivas coas que enriquecer o visionado do filme.
Entre elas estará a directora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión, que será a encargada de presentar o filme o luns 9 de decembro ás 21:00 horas. Precisamente Longa noite foi un dos filmes obxecto de análise en A foresta e as árbores, segundo volume da serie Para unha historia do cinema en lingua galega, publicado este 2019 polo GEA e a Editorial Galaxia. A xenerosidade de Eloy Enciso e da produtora Beli Martínez, que facilitaron acceder ao filme cando este aínda era un work in progress, fixo posible incluír a película neste itinerario temático ao redor dalgunhas das mostras máis representativas do cinema galego das primeiras décadas do século XXI.
Boa mostra do interese que está a espertar a última película do cineasta lugués atopámola no seu percorrido por festivais nacionais e internacionais como Locarno —onde conseguiu o premio á Mellor Dirección para a Crítica Independente—, Sevilla, Toronto, Nova York, Mar de la Plata —Mención Especial do Xurado— ou Cineuropa.
As datas do ciclo de presentacións e coloquios en NUMAX son:
- Xoves 5 de decembro | 19:45 e 22:00
Presentación e coloquio con Eloy Enciso e a equipa do filme ás 19:45 e só presentación na das 22:00. - Venres 6 de decembro | 20:00
Presentación da produtora Beli Martínez - Sábado 7 de decembro | 19:45
Presentación de Dolores Vilavedra, ensaísta e profesora da USC - Domingo 8 de decembro | 18:00
Presentación do escritor Suso de Toro - Luns 9 de decembro | 21:00
Presentación de Margarita Ledo Andión, escritora, cineasta e catedrática da USC - Martes 10 de decembro | 18:00
Presentación e coloquio cos actores Zé Paredes e Nuria Lestegás - Mércores 11 de decembro | 20:00
Presentación e coloquio con investigador@s de Histagra e Nomesevoces - Xoves 12 de decembro | 20:15
Presentación e coloquio cos actores Fernando García e Luís Martínez
The approval of the General Audiovisual Law in 2022 updated the Spanish regulatory framework, tackling some of the challenges presented by agents such as streaming platforms, but also leaving open some other related to diversity protection. The LEXCAV project, financed by the Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad and developed […]
The Teatro Colón in A Coruña was the setting this Friday for the 5th Culture Gala, an event in which the Deputación of A Coruña brought together 19 award winners in 13 categories. The event, hosted by journalist Susana Pedreira and actor and musician Xoán Fórneas, featured a performance by Caamaño & Ameixeira and a […]
Last Friday, April 17th, Rocío del Pilar Sosa Fernández, a member of GEA, presented the paper Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR at the 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. The event was organised by the International Association for Media and Communication […]
Financing Entity: FEDER/Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades – Agencia Estatal de Investigación/ ref. CSO2016-76014-RStart Date: 30/12/2016End Date: 30/12/2019I.P.: Margarita Ledo Andión y Enrique Castelló MayoParticipating Researchers: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Andrés Fraga Pérez José Luis Castro de Paz Enrique Castelló Mayo Antía López Gómez Fernando Redondo Neira , Xose Henrique Monteagudo Romero (USC), Carlos Pío del Oro Sáez (USC), Silvia Roca Baamonde (USC), Miren Manias Muñoz (UPV), Pablo Romero Fresco (Uvigo), María Soliña Barreiro González (ESUPT-UPF), Francisco Javier Azpillaga Goenaga (UPV-EHU), María José Deogracias (UPV-EHU), Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU), Judith Clares Gavilán (UOC), Jaques Guyot (Universitè Paris 8), Steve Blandford (University of South Wales), Ruth McElroy (University of South Wales), Pietari Kääpa (University of Stirling) Participating Entities: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Euskal Herriko Unibertsitatea, Escola Universitária Politécnica Mataró-UPF, Universitat Oberta de Catalunya, Universitè Paris 8, University of South Wales, University of Stirling
