Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura

30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza dos tradicionais sanandresiños, que decoraron desde o escenario ata o photocall.

Entre os galardoados destacaron especialmente dúas figuras vinculadas ao Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA): Margarita Ledo, a quen se lle recoñeceu a súa traxectoria no eido audiovisual, e Manuel Barreiro, investigador predoutoral en formación e membro do GEA, que recibiu o premio Castelao na categoría de banda deseñada.

No caso de Margarita Ledo, o recoñecemento supón un novo fito na carreira dunha das voces máis influentes da cultura galega. A catedrática de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi unha figura pioneira na promoción da comunicación en Galicia. A súa obra como cineasta, recoñecida con premios como o Mestre Mateo á Mellor Dirección polo seu filme Nación (2020), suma unha longa lista de galardóns nacionais e internacionais, entre eles o Premio Nacional de Cine e Audiovisual (2008), o Premio Otero Pedrayo (2017), o Premio Cineuropa (2020) e o Premio de Honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual (2022), que recibiu no marco dos Premios Mestre Mateo. A súa influencia tamén se fixo sentir na literatura e na poesía.

Fuente: @Amoraafoto – Andrea Morandeira

Pola outra, Manuel Barreiro, investigador predoutoral en formación no GEA, foi un dos premiados co Castelao en banda deseñada, xunto con Elías Taño e Giovanna Lopalco.

Fuente: @Amoraafoto – Andrea Morandeira

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais