Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos
As linguas e o cinema II

Simposio internacional ‘As linguas e o cinema (II)’

Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas

Son múltiples os compromisos promulgados pola Unión Europea e os seus estados membros arredor da decidida e inescusable preservación e fomento da diversidade cultural e lingüística de Europa e da posta en valor do cinema como obxecto de confluencia entre a innovación tecnolóxica, a cultura e a economía.

Entre as accións de preservación do Patrimonio Cultural Inmaterial Europeo (PCIE) emerxen como prioritarias aquelas encamiñadas ao fomento do subtitulado de contidos audiovisuais. Porén, o palmario compromiso formal que emana das convencións e programas das escalas europea, estatal e autonómica tradúcese na implementación de paquetes de medidas de carácter aleatorio, fragmentario e continxente que, en xeral, abocan a unha sistemática ausencia de resultados.

No marco do proxecto ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI-FEDER, ref. CSO2016-76014-R) o presente simposio reúne a investigadoras e investigadores do cinema e da tradución audiovisual na contorna europea co obxectivo de formular propostas para elaborar unha política harmónica de subtitulado en linguas europeas non hexemónicas.

Programa

XOVES, 12 de decembro

Aula 0

16.00 h. Benvida. Margarita Ledo Andión e Enrique Castelló Mayo (USC)
16.15 h. O impensado da pluralidade lingüística. Jacques Guyot (Université Paris 8)
17.15 h. Pequenos cinemas, audiencias globais? Reflexións sobre culturas cinematográficas minorizadas na era dixital. Philippe Meers (Universiteit Antwerpen)

18.00 h. Pausa

18.15 h. O subtitulado en linguas non hexemónicas na contorna estatal

  • María Soliña Barreiro González (USC) e Judith Clarés Gavilán (UOC)
  • Marijo Deogracias Horrillo (UPV-EHU) e Beatriz Zabalondo Loidi (UPV-EHU)
  • Marta Pérez Pereiro (USC) e Fernando Redondo Neira (USC)

20.00 h. Peche

VENRES, 13 de decembro

Visionado 1

09.00 h. O subtitulado cinematográfico en linguas non hexemónicas nas políticas públicas da contorna europea. Antía López Gómez (USC)

09.30 h. EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Indicadores para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas. Exposición de resultados e debate. Margarita Ledo Andión (USC) e Enrique Castelló Mayo (USC)

12.00 Pausa.

12.15 h. A audibilidade das linguas no audiovisual e o fomento do plurilingüismo a través da competencia receptiva. Henrique Monteagudo Romero (USC)
13.00 h. Tendencias e prácticas de subtitulado en plataformas VOD: accesibilidade e inclusividade. O caso Netflix. Pablo Romero Fresco (UVigo)

13.45 h. Conclusións.

14.00 h. Peche.

**Entrada libre até completar capacidade da sala.

As linguas e o cinema II
Título do curso: Simposio internacional 'As linguas e o cinema (II)'Datas: 12/12/2019 - 13/12/2019Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación - Universidade de Santiago de Compostela
12/12/2019Facultade de Ciencias da Comunicación - Universidade de Santiago de Compostela
Mediateca
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
EU-VOS: Patrimonio Cultural Inmaterial Para un programa de subtitulado en lenguas no hegemónicas
Entidade financiadora: Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la SociedadData de inicio: 01/01/2017Data de fin: 31/12/2019Importe: 67.155 €I.P.: Margarita Ledo Andión, Enrique Castelló MayoEntidades participantes: FUNDACIO PER A LA UNIVERSITAT OBERTA DE CATALUNYA; FUNDACIO TECNOCAMPUS; Universidad del País Vasco; Universidade de Vigo
© 2024 Estudos Audiovisuais