Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.

O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.

23/09/2026
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para diversos doutoramentos do EDIUS, especialmente para o de Comunicación e Información Contemporánea.
No verán de 2026, o enxeñeiro Jacob Coxon renunciaba ao seu posto en Anthropic, unha das principais empresas nas que se desenvolve intelixencia audiovisual xenerativa, expresando o temor a que a IA puidera destruír a humanidade antes de que rematara a década. Sen chegarmos á unha idea de apocalipse tan cinematográfica, a investigación recente ten demostrado de xeito consistente que a IA incorpora nesgos raciais e de xénero que reproducen desigualdades e exclusións. A ausencia de perspectiva de xénero no desenvolvemento desta ferramenta tecnolóxica na  creación de imaxes  fai precisa unha reflexión colectiva sobre a tecnoloxía na que incorporar dúas liñas de pensamento feminista que poden funcionar de xeito complementario: dunha banda, seguindo a proposta de Donna Haraway no seu Manifesto ciborg, apropiármonos das ferramentas tecnolóxicas para desafiar o mandato patriarcal; doutra, resistir no artesán, no pequeno, autónomo e manual que desafía a  aceleración tecnofílica capitalista. Ámbalas dúas estratexias son necesarias para confrontar as violencias contra as mulleres que se producen na imaxe pública, e que as revitimizan, e propoñer alternativas desde as múltiples formas de facer feministas.
Nesta décimoterceira edición do CO(M)XÉNERO propoñemos o encontro con creadoras e investigadoras que analizan as pegadas do patriarcado nas representacións dos corpos das mulleres e desenvolven imaxes que ocupan o espazo público virtual e real contra a violencia. O 10 de novembro, a deseñadora e docente Uqui Permuy falará da súa campaña “Compostela en negro”, a imaxe máis icónica da loita contra a violencia machista en Galicia, mentres que as investigadoras Bea Gutiérrez e Paulina Cano analizarán a inquietante presenza de influencers creadas sinteticamente nas redes sociais como unha forma de violencia contra as mulleres. Na xornada do 11 de novembro será a quenda da artista e investigadora Teresa Ferreiro, que se centrará nas representacións da violencia machista no cómic e na novela gráfica. Pechará esta edición o singular traballo da visualista, programadora e docente Marta Verde, que empregará imaxe e informática para explorar as representacións visuais da violencia contra as mulleres.
MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais