Investigacións
Proxectos de investigación, contratos, teses e traballos de investigación

Foro Internacional ‘As Linguas e o Cinema. Indicadores para un programa europeo de subtitulado’

No marco do proxecto ‘EU-VOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’ (AEI, ref. CSO2016-76014-R), o presente foro reúne a investigadoras e investigadores do cinema e a tradución audiovisual na contorna europea co obxectivo de formular indicadores cara unha política harmónica de subtitulado da produción cinematográfica e audiovisual en linguas europeas non hexemónicas.

+info.

NOVAS RELACIONADAS
‘As linguas e o cinema II’ analiza a relación das pequenas cinematografías europeas co subtitulado
11/12/2019

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela acolle o xoves 12 e venres 13 de decembro o simposio internacional ‘As linguas e o cinema II. Para un programa europeo de subtitulado en linguas non hexemónicas’. Un encontro aberto á comunidade universitaria e a profesionais do sector no que investigadoras e […]

Seguir lendo
© 2023 Estudos Audiovisuais