
“A Foresta e as árbores” chega a Vigo
A libraría Cartabón acollerá a presentación da última publicación do GEA o vindeiro mércores 10 de xullo
O Grupo de Estudos Audiovisuais presentará en Vigo a súa máis recente publicación, A foresta e as árbores. Para unha historia do cinema en lingua galega (2). O acto terá lugar o mércores 10 de xullo ás 20:30h na Libraría Cartabón e contará coa presenza de Franciso Castro, director de Galaxia, así como de dúas das autoras do libro, Marta Pérez Pereiro e Xosé Nogueira.
O volume continúa o estudo iniciado en Marcas na Paisaxe. Para unha historia do cinema en lingua galega (I), vencellados ambos ao proxecto de I+D+i “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas”. Editado baixo a coordinación de Margarita Ledo Andión, catedrática en Comunicación Audiovisual, o libro constrúe, desde a ollada das oito investigadoras que participan nel, un itinerario temático co que adentrármonos no cinema galego máis actual.
«Outra volta a distinción dos capítulos vai cara a aspectos que pasan polo corpo, polos sentidos, polas marxes, e ten a ver coas propostas que os e as cineastas desenvolveron nas súas obras, obras de ficción por veces, documentais ou en pasaxe entre un e outro territorio as máis. Filmar o dó, filmar o velado, filmar o traballo, filmar a ollada, filmar a pantasma, filmar a tribo, filmar as pulsións canda o fóra de campo son as estacións que amplían esta viaxe que quereriamos longa e frutífera».
«Prefacio». Margarita Ledo Andión
De tal xeito, a mostra de filmes analizados, reflexo da diversidade na cinematografía galega das últimas décadas, avanza desde o dó por un mundo que esmorece ao velado —aquilo do que non se fala— na nosa historia; desde o desexo e as súas derivas á necesidade de filmar o íntimo e a nós mesmas. Trátase, pois, dunha obra fundamental para entendérmonos o propio cinema, permitíndonos ver a foresta que se agocha entre a fértil e plural frondosidade das árbores.
Agardámovosmos o 10 de xullo!

Este luns 20 de xuño tivo lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC un encontro co deputado do BNG, Nestor Rego, para facer un balance do escenario que se formula para o sector coa aprobación da Lei do Audiovisual. Ao encontro asistiron representantes de varias das entidades que forman a Iniciativa polo audiovisual en […]
Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 1 de xullo unhas xornadas de formación presencial dedicadas a analizar aspectos xurídicos da produción audiovisual. O desenvolvemento da xornada terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Baixo o título: Marco xurídico do sector […]
A USC, a través da súa Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), puxo este ano en marcha a primeira edición do Three Minute Thesis (3MT®), un concurso de comunicación para investigadores e investigadoras de todas as áreas do coñecemento. A doutoranda do GEA, Sara Calvete Lorenzo, é unha das finalistas do certame co vídeo no que […]