Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

II Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea

A convocatoria está aberta até o 15 de outubro

20/06/2019

O Centro Galego de Arte Contemporánea vén de convocar a segunda edición do Premio CGAC de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea, creado o ano pasado a fin de promover  a produción de pensamento sobre esta materia en lingua galega. O artista Rosendo Cid, con A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria, foi o galardoado na edición inaugural.

Poden concorrer textos inéditos escritos en galego e de tema libre, mais sobre aspectos da arte contemporánea, preferibelmente cun carácter divulgativo. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 450.000 caracteres con espazos.

A convocatoria estará aberta até o 15 de outubro de 2019. O ensaio gañador será premiado con 3.000 euros, alén da súa publicación en forma de libro dentro dunha das coleccións que conforman a liña editorial do centro, consonte a temática da obra gañadora.

Consulta as bases para máis información.

MÁIS NOVAS
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
Defensa da tese doutoral: « Gramática da ferida: Triplo Corte no Novo Extremismo Francés».
08/04/2026

O vindeiro venres, día 10 de abril, Sara Calvete Lorenzo, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defenderá a súa tese doutoral. A defensa terá lugar na Sala de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ás 11h. A tese, dirixida pola profesora da mesma facultade  Antía […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais