Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

En marcha a IV Edición dos Premios María Luz Morales

O prazo para a presentación de traballos vence o 3 de maio

03/12/2019

Avivar o interese polos estudos sobre cinematografía e audiovisual, favorecer a súa difusión, e alentar a creatividade e a independencia investigadora son os obxectivos dos Premios María Luz Morales, convocados anualmente pola Academia Galega do Audiovisual e que en 2020 celebran a súa cuarta edición.

A convocatoria presenta  dúas categorías  –ensaio audiovisual e escrito– e dúas modalidades – audiovisual galego e audiovisual internacional– das que resultarán catro premios de 1.200 euros.

As propostas teñen que ser enviadas a través do enderezo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal, até o 3 de maio.

Na pasada edició, a Academia destacou os traballos de  Sara  Varela,  que recibiu o premio ao Mellor Videoensaio do Audiovisual Galego con B Positivos; Eire García, premio ao mellor Videoensaio do Audiovisual Internacional con Propaganda de guerra; Pepe Coira, premio ao mellor Ensaio Escrito Audiovisual Galego con Argumentos de películas; e Xurxo González, premio ao mellor Ensaio Escrito Audiovisual Internacional con O palco dum povo: Oliveira 2.0. Ademais, o xurado quixo recoñecer tamén o traballo de Irene Basanta, Denisse Lozano, Sara Donoso e Antón Varela con catro accésit.

María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona 1980). Escritora e xornalista, especializada na crítica de cine e de teatro, dirixiu o xornal La Vanguardia durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia de España en ser directora dun diario estatal. Foi activista feminista, republicana e galeguista represaliada polo franquismo, e autora dunha extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da muller a actividade xornalística e intelectual na España do século XX, mantivo a actividade xornalística ata os 91 anos de idade.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais