Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais
Caderno COMXÉNERO 1

Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO 1

Presentamos o primeiro Caderno de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO, resultado das tres primeiras sesións do seminario, para ampliar o debate sobre os temas e motivos que nos levaran á realización destes encontros.

Situámonos no pensamento crítico, na súa aplicación aos lugares que habitamos, ás propostas que construímos, ás obras onde nos representamos, a un ben público como o da información ou calquera outro artefacto de comunicación para ollarmos cara a cara cada situación, mesmo as que nos vulneran ou nos negan. No ronsel de Judith Butler, sobre ou subexpostas, cómprenos actuar. E un modo de actuar pasa pola fala, polo acceso ao coñecemento de realidades múltiples que nos configuran, por propostas outras, diferentes, que respecten o corpo, este corpo que, no dicir de Hélène Cixous, é o que nos fai sentir a vida, a morte, amar, pensar.

Índice

Proemio. Margarita Ledo Andión.

A Análise Crítica do Discurso. Ana Jorge Alonso.

A creación do suxeito feminino no cinema. Inicios, consolidación e novos camiños da teoría e crítica feministas. Marta Pérez Pereiro.

Uma câmara só para ela: A construção de identidades através do cinema. Ana Catarina Pereira.

Soft monies/Hard realities: fronteira, tecnoloxía e xénero nos primeiros vídeo-ensaios de Ursula Biemann. Elena Oroz.

Género e jornalismo. Representações e (in)visibilidades. Propostas para un tratamento informativo livre de tópicos sexistas. Carla Cerqueira.

A muller como creadora, protagonista e consumidora de videoxogos e transmedia. Dhaunae De Vir.

Caderno COMXÉNERO 1
Author: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Silvia Roca Baamonde , Ana Jorge Alonso, Ana Catarina Pereira, Elena Oroz, Carla Cerqueira, Dhaunae De Vir Year: 2020Titulo: Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO 1 Category: Book Title magazine/book: Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNEROVolume: 1Editorial: Vía LácteaISBN: 978-84-89444-94-2
INVESTIGATION / LINKED FRAMEWORK
CO(M)XÉNERO Permanent Seminar on Communication and Gender
Start Date: 12/11/2018End Date: 31/12/2020I.P.: Margarita Ledo AndiónParticipating Researchers: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Silvia Roca Baamonde , Carla Cerqueira; Ana Jorge
Permanent focus of discussion and formation on the role of the media in the structuring of society, with special attention to the informative and cinematographic visibility of gender identity(s).
Keep reading
© 2021 Estudos Audiovisuais