Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais
Caderno COMXÉNERO 1

Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO 1

Presentamos o primeiro Caderno de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO, resultado das tres primeiras sesións do seminario, para ampliar o debate sobre os temas e motivos que nos levaran á realización destes encontros.

Situámonos no pensamento crítico, na súa aplicación aos lugares que habitamos, ás propostas que construímos, ás obras onde nos representamos, a un ben público como o da información ou calquera outro artefacto de comunicación para ollarmos cara a cara cada situación, mesmo as que nos vulneran ou nos negan. No ronsel de Judith Butler, sobre ou subexpostas, cómprenos actuar. E un modo de actuar pasa pola fala, polo acceso ao coñecemento de realidades múltiples que nos configuran, por propostas outras, diferentes, que respecten o corpo, este corpo que, no dicir de Hélène Cixous, é o que nos fai sentir a vida, a morte, amar, pensar.

Índice

Proemio. Margarita Ledo Andión.

A Análise Crítica do Discurso. Ana Jorge Alonso.

A creación do suxeito feminino no cinema. Inicios, consolidación e novos camiños da teoría e crítica feministas. Marta Pérez Pereiro.

Uma câmara só para ela: A construção de identidades através do cinema. Ana Catarina Pereira.

Soft monies/Hard realities: fronteira, tecnoloxía e xénero nos primeiros vídeo-ensaios de Ursula Biemann. Elena Oroz.

Género e jornalismo. Representações e (in)visibilidades. Propostas para un tratamento informativo livre de tópicos sexistas. Carla Cerqueira.

A muller como creadora, protagonista e consumidora de videoxogos e transmedia. Dhaunae De Vir.

Caderno COMXÉNERO 1
Autor/a: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Silvia Roca Baamonde , Ana Jorge Alonso, Ana Catarina Pereira, Elena Oroz, Carla Cerqueira, Dhaunae De Vir Año: 2020Titulo: Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNERO 1 Categoría: Libro Título de la revista/libro: Cadernos de Comunicación e Xénero CO(M)XÉNEROVolumen: 1Editorial: Vía LácteaISBN: 978-84-89444-94-2
INVESTIGACIÓN / MARCO VINCULADO
CO(M)XÉNERO Seminario Permanente de Comunicación y género
Fecha de inicio: 12/11/2018Fecha de fin: 31/12/2020I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión Marta Pérez Pereiro Silvia Roca Baamonde , Carla Cerqueira; Ana Jorge
Foco permanente de discusión y formación sobre el papel de los medios en la vertebración de la sociedad, con especial atención a la visibilización informativa y cinematográfica de la(s) identidad(es) de género.
Seguir leyendo
© 2021 Estudos Audiovisuais