Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarita Ledo Andión participa nas xornadas “50 anos do 25 de abril”

A Catedrática emérita do GEA estará presente no coloquio: "O 25 de abril do outro lado do Miño" na Facultade de Filoloxía da USC

12/04/2024

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926. As cinco xornadas que compoñen o programa das xornadas que conmemoran os 50 anos deste feito histórico, desenvolveranse desde o 23 de abril ata o 8 de maio.

A primeira, o martes 23 de abril ás 13.00 horas, terá lugar na sala de graos de Filoloxía e nela a profesora Izabel Margato analizará os textos literarios que dalgunha maneira anticipaban a revolución antes de que sucedera. O escritor e ex militar Xosé Fortes e a cineasta e catedrática de Comunicación Audiovisual da USC Margarita Ledo dialogarán con Áurea Sánchez e Joel Gômez o mércores 24 de abril ás 10.30 horas na sala de actos de Filoloxía sobre como se viviu o 25 de abril do outro lado do río Miño. A terceira xornada, coa que conclúe a parte do programa dedicada á cultura, comeza o xoves 25 de abril ás 10.30 na sala de actos de Filoloxía e consistirá na presentación do volume 50 anos de Abril na Galiza por parte dos coordinadores, Carlos Pazos-Justo e Roberto Samartim; ás 11.00 horas o músico e médico Rui Pato contará a súa experiencia de estudante cando nos anos 60 acompañaba como músico a José Afonso, o autor da canción ‘Grândola, Vila Morena’ que serviu para iniciar a mobilización do 25 de abril, e Adriano Correia de Oliveira, e as súas vivencias como médico militar que estivo nas rúas de Lisboa nesa data.

A segunda parte da programación, a dedicada á historia, iníciase o martes 7 de maio ás 12.00 horas en Filoloxía cunha charla co major general Pedro de Pezarat Correia, que explicará como o golpe militar se converteu nunha revolución. Ás 19.15 horas no Museo do Pobo Galego haberá un coloquio sobre as transicións ibéricas no que participarán Fernando Rosas, Nieves Lagares e Manuel de Artaza, moderado por Antón Losada. O mércores 8 de maio Fernando Rosas ofrece ás 11.00 horas na sala de actos de Filoloxía unha conferencia sobre a memoria histórica do 25 de abril, evento co que conclúe o programa de actividades.

Poderánse ver as sesións online na canle da USC.

Máis información e consulta ou descarga do programa completo.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais