‘Cando as mulleres filman: o documental na península ibérica e no continente latinoamericano’
Aberta a convocatoria para o coloquio internacional que terá lugar do 2 ao 5 de outubro
O coloquio internacional terá lugar na Universidade de Grenoble-Alpes (2-3 de outubro) e na Universidade de Lyon 2 (4-5 de outubro). ‘Cando as mulleres filman: o documental na península ibérica e no continente latinoamericano‘ contará ademais coa participación da catedrática de Ciencias da Comunicación e Publicidade, Margarita Ledo Andión, quen intervirá como relatora.
Este coloquio internacional e interuniversitario terá como obxecto o estudo da produción documental realizada por mulleres dos países da península ibérica ou do continente latinoamericano. Ten como obxectivo repensar, nunha perspectiva transdisciplinaria, os marcos epistemolóxicos da análise da imaxe documental. O coloquio indagará polas diversas maneiras en que os documentais, que son asignados á dobre marxinalidade do documental e da condición das mulleres, operan como operacións de intelixibilidade do mundo.
EIXOS PRINCIPAIS
- Historia e política: o documental de mulleres como toma de posición nun determinado contexto político, incluíndo o punto de vista dos efectos coloniais e post-coloniais.
- Documentar os corpos: detrás ou diante da cámara, o documental como ferramenta de estudo, interrogación, reivindicación.
- Estética do cine: partindo da marxinalización constatada, a inventiva formal dos documentais de mulleres na historia do cine documental.
- Pensar o cine e escribilo: retorno aos escritos de pensadoras de fala hispana ou portuguesa, de onte e de hoxe.
- Cine documental, artes e performance: experiencias personais e experimentacións formais.
- A cuestión dos arquivos: estado actual, políticas culturais, desafíos estratéxicos.
- Interseccionalidade e cuestións LGBTI+: historicidade e novas perspectivas teóricas e prácticas.
O coloquio forma parte do proxecto GAPP («Genre et Arts dans une perspective Poét(h)ique et Politique») co-organizado por Idoli Castro (Lyon 2) e Sonia Kerfa (UGA). A convocatoria estará aberta até o 30 de abril no seguinte enlace, enviando un resumo de 300 palabras xunto a unha breve biografía de 100 palabras.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
