Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Espazo limitado ou ilimitado? Os medios de comunicación en linguas minorizadas no contexto dixital

Até o 30 de abril estará aberto o prazo para presentar comunicacións

09/04/2019

O seminario internacional “Espazo limitado ou ilimitado? Os medios de comunicación en linguas minorizadas no contexto dixital” celebrarase en Edimburgo durante os días 16 e 17 de octubro. Organizado polo Instituto Vasco Etxepare e a Universidade de Edinburgo no contexto do programa cultural Scotland Goes Basque, o obxectivo desta iniciativa é compartir coñecementos e fomentar a colaboración entre profesionais que traballan na investigación ou en medios de comunicación de idiomas minoritarios. A lingua de comunicación será o inglés.

A principios dos 80, o xurdimento de televisións en Cataluña, País Vasco Sur ou Gales impulsou a numerosos expertos a investigar os medios de comunicación que usan idiomas minoritarios. Destaca, entre outros, que en 1992 a Carta Europea das Linguas Minoritarias ou Rexionais subliñou a responsabilidade que teñen os gobernos e organismos públicos sobre os conceptos básicos e o exame dos casos importantes nesta materia.

Xunto coa dixitalización e Internet, desenvolveuse un sistema de comunicación global nas últimas dúas décadas. Como consecuencia, os retos e oportunidades para os medios de comunicación de linguas minorizadas volvéronse máis difíciles. A pesar da presenza de ditos cambios, o debate sobre a relación entre os medios en linguas minorizadas e o entorno dixital foi moi escaso.

Call for papers

Os organizadores aceptan comunicacións individuais, paneis grupais e posters, tanto investigacións como estudos de caso, relacionados cos temas a seguir:

  1. Políticas de comunicación e cultura
  2. Economía dos medios de comunicación e o entorno dixital
  3. Televisións e as novas plataformas de vídeo en Internet.
  4. Estudos de audiencia, xénero e contido
  5. Estratexias de programación e a contratación de contidos
  6. Condicións de produción e as opcións de distribución
  7. A comercialización de contidos
  8. Os medios de comunicación-educación e o uso do idioma
  9. Territorialidade, idioma e identidade
  10. Os medios de comunicación e perspectiva de xénero

Os resumos terán como máximo 250 palabras e enviaranse por correo electrónico antes do 30 de abril.

As presentacións terán unha duración de 20 minutos, seguidas de 10 minutos para as preguntas. Os paneis serán de 90 minutos, con tres intervencións de 20 minutos e 10 minutos para as preguntas.

As instruccións para apuntarse publicaranse a finais de abril.

+info. seguindo este enlace

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais