Archivo
"Tipo de actividad: Actividade na que participamos"
Curso de verán “Xenes, ambiente, saúde e cinema. Enfoque One Health da OMS”
O Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) coorganiza un curso de verán arredor do cinema como ferramenta para a concienciación climática

Codirixido polos investigadores do Grupo de Estudos Audiovisuais Manuel Barreiro Rozados e Pablo Calviño Tato, o curso Xenes, ambiente, saúde e cinema propón reflexionar sobre o potencial do audiovisual, e nomeadamente do cinema, como ferramenta para a educación e a concienciación ambiental. O enfoque integral One Health, promovido pola Organización…
Faísca cultural sobre cambio climático: “Narrativas efectivas para comunicar o cambio climático”
O 7 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación ás 11 da mañá

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural Un rastro de furia e algas. Reflexións sobre o futuro…
Días do Cinema Palestino ’23
Proxección do filme Tecendo Palestina (Stitching Palestine) dirixida por Carol Mansour ás 12:00 da mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación

Mentres os medios de comunicación internacionais, líderes mundiais e as principais plataformas de redes sociais participan na censura e distorsión da narrativa, ao mesmo tempo que perpetúan a deshumanización dos palestinos e o seu sufrimento constante, estendemos as nosas plataformas en apoio ao Festival “Días do Cinema Palestino”, que foi…
XII edición do Día Mundial da Radio na Facultade de Ciencias da Comunicación
A.C.P Ponte…nas ondas! organiza este 13 de febreiro entre a Fac. de Comunicación da USC e a Reitoría da Universidade de Vigo

O Consello Executivo da UNESCO recomendou á Conferencia Xeral  no ano 2011, que se proclamase como Día Mundial da Radio o 13 de febreiro, atendendo a unha proposta da Delegación de España nese organismo. Dado que a asociación A.C.P Ponte…nas ondas! leva traballando no mundo da radio, na súa vertente…
Margarita Ledo Andión participará como profesorado no Laboratorio FilmLAB LaC6 en Mieres
A coordinadora do GEA partillará experiencias no módulo 2 do laboratorio: "Formas y narrativas. Estructuras del guión cinematográfico"

Neste laboratorio FilmLAB LaC6, un grupo de vinte profesionais do cinema en activo de recoñecida traxectoria, acompañan nas fases inicias sete proxectos cinematográficos de novas autorías.  Co fin de formar nas ferramentas necesarias no desenvolvemento e realización da propia obra audiovisual. Ademais de tempo e orientación para profundar nos proxectos,…
III Xornadas Internacionais Violencia de xénero e muller con discapacidade IN.XURGA 2022 coa participación de Margarita Ledo Andión
Os vindeiros 17 e 18 novembro de 2022 realizaránse as xornadas en streaming

Os vindeiros 17 e 18 novembro a Asociación pola defensa das persoas con discapacidade/dependencia de Xuristas Inclusiv@s (IN.XURGA), organiza as III Xornadas Internacionais Violencia de xénero e muller con discapacidade IN.XURGA 2022, onde colaborará como asociada de honra a coordinadora do Grupo de Estudios Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. intervirá o…
Encontro con Margarita Ledo e proxección de `Nación´ na Faculté des Lettres, Sorbonne Université
O vindeiro 13 de outubro o CRIMIC organiza a actividade.

O vindeiro 13 de outubro o Centre de Recherches Interdisciplinaires sur les Mondes Ibériques Contemporains (CRIMIC) organiza un encontro coa coordinadora do Grupo de Estudios Audiovisuais, Margarita Ledo Andión, na súa faceta de directora. Esta actividade terá lugar no salón de actos da Faculté des Lettres,  pertencente á Sorbonne Université…
Xornada sobre “Emisións galegas na BBC” do Consello da Cultura Galega

O 14 de abril de 1947, en pleno franquismo, comezou a primeira programación radiofónica estable en galego dende a máis prestixiosa emisora do mundo, a BBC de Londres. Cando se cumpren 75 anos do Galician Programme, o Consello da Cultura Galega celebra Emisións galegas na BBC, unha xornada onde participará…
I Seminario de crítica en formato podcast
Organizado por A Cuarta Parede en colaboración co GEA e o Play-Doc

A Cuarta Parede retoma os seminarios de crítica en colaboración co Festival Play-Doc de Tui e co Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA). Entre os días 7 e 8 de maio terá lugar en Tui o I Seminario de crítica en formato podcast, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender…
Exilio. Feminismo. Ensaio fílmico: o corpo como vestixio
Conferencia Maxistral de Margarita Ledo Andión

A Cátedra Juan Antonio Ramírez do Museo Reina Sofía convida á investigadora, cineasta, poeta e escritora Margarita Ledo Andión ao seu programa de conferencias maxistrais. Baixo o título “Exilio. Feminismo. Ensaio fílmico: o corpo como vestixio”,  Ledo Andión propón unha reflexión en torno ao corpo como punto de chegada logo de percorrer un…
© 2026 Estudos Audiovisuais