Xornada sobre “Emisións galegas na BBC” do Consello da Cultura Galega
O 14 de abril de 1947, en pleno franquismo, comezou a primeira programación radiofónica estable en galego dende a máis prestixiosa emisora do mundo, a BBC de Londres. Cando se cumpren 75 anos do Galician Programme, o Consello da Cultura Galega celebra Emisións galegas na BBC, unha xornada onde participará a catedrática da Facultade de Comunicación da USC, Margarita Ledo Andión. O evento será o vindeiro 21 de xuño no Pazo de Raxoi e comezará coa intervención sobre Radiodifusión exterior, franquismo e Guerra Fría de Ledo Andión e Luis Zaragoza Fernández, xornalista de Radio Nacional de España e historiador.
A inscrición é gratuita e hai que realizala previamente na web do Consello da Cultura Galega.
Título do curso: Xornada sobre "Emisións galegas na BBC" do Consello da Cultura GalegaDescrición: DescriciónDatas: 21/06/2022 - 21/06/2022Lugar: Consello da Cultura GalegaDuración: DuraciónInscrición: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201279
21/06/2022Consello da Cultura Galega
21/06/2022Consello da Cultura Galega
Descargas
Mediateca