Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Días do Cinema Palestino ’23

Proxección do filme Tecendo Palestina (Stitching Palestine) dirixida por Carol Mansour ás 12:00 da mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación

Mentres os medios de comunicación internacionais, líderes mundiais e as principais plataformas de redes sociais participan na censura e distorsión da narrativa, ao mesmo tempo que perpetúan a deshumanización dos palestinos e o seu sufrimento constante, estendemos as nosas plataformas en apoio ao Festival “Días do Cinema Palestino”, que foi cancelado pola forza.

No sombrío aniversario da Declaración de Balfour, asinada o 2 de novembro, e nun esforzo por amplificar as voces palestinas, proxectaremos a película Tecendo Palestina (Stitching Palestine, 2017) dirixida por Carol Mansour ás 12:00 da mañá na Facultade de Ciencias da Comunicación, no campus norte da Universidade de Santiago de Compostela.

A proxeción é de balde.

Tecendo Palestina (Carol Mansour, 2017).

Doce mulleres resistentes, decididas e elocuentes, procedentes de distintos ámbitos da vida: avogadas, artistas, amas de casa, activistas, arquitectas e políticas, cosen xuntas a historia da súa terra natal, da súa desposesión e da súa inquebrantábel determinación de que prevaleza a xustiza. A través das súas historias, o individual entretécese co colectivo, sen deixar de ser claramente persoal. Doce mulleres, doce vidas e historias de Palestina; unha terra cuxa posición estaba fixada no mapa do mundo, pero que agora está bordada na seu rostro.

Título do curso: Días do Cinema Palestino ’23Descrición: Proxección do filme Tecendo Palestina (Stitching Palestine) dirixida por Carol Mansour ás 12:00Datas: 02/11/2023 - 02/11/2023Lugar: Facultade de Ciencias da ComunicaciónDuración: 80 minutos
02/11/2023Facultade de Ciencias da Comunicación
Descargas
Mediateca
© 2023 Estudos Audiovisuais