Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Margarita Ledo Andión participará como profesorado no Laboratorio FilmLAB LaC6 en Mieres

A coordinadora do GEA partillará experiencias no módulo 2 do laboratorio: "Formas y narrativas. Estructuras del guión cinematográfico"

Neste laboratorio FilmLAB LaC6, un grupo de vinte profesionais do cinema en activo de recoñecida traxectoria, acompañan nas fases inicias sete proxectos cinematográficos de novas autorías.  Co fin de formar nas ferramentas necesarias no desenvolvemento e realización da propia obra audiovisual. Ademais de tempo e orientación para profundar nos proxectos, apréndese a elaborar un dossier profesional de dirección e produción, imprescindible para acceder ao financiamento público e privado e a desenvolverse en foros rexionais, nacionais e internacionais no ámbito cinematográfico actual. Todo isto, durante cinco meses nas concas mineiras centrais de Asturias.

A coordinadora do GEA, Margarita Ledo Andión, forma parte do módulo “Formas e narrativas. Escritura do guión audiovisual”.  O alumnado tamén visualizará as obras da directora A cicatriz branca e Nación antes da súa sesión, no martes 15 de novembro entre as 16.00 e as 18.30 h.

Máis Información.

Título do curso: Margarita Ledo Andión participará como profesorado no Laboratorio FilmLAB LaC6 en MieresDescrición: A coordinadora do GEA partillará experiencias no módulo 2 do laboratorio: "Formas y narrativas. Estructuras del guión cinematográfico"Datas: 15/11/2022 - 15/11/2022Lugar: Mieres, AsturiasInscrición: https://filmlablac6.com/
15/11/2022Mieres, Asturias
Descargas
Mediateca
© 2024 Estudos Audiovisuais