Exilio. Feminismo. Ensaio fílmico: o corpo como vestixio
Conferencia Maxistral de Margarita Ledo Andión
A Cátedra Juan Antonio Ramírez do Museo Reina Sofía convida á investigadora, cineasta, poeta e escritora Margarita Ledo Andión ao seu programa de conferencias maxistrais. Baixo o título “Exilio. Feminismo. Ensaio fílmico: o corpo como vestixio”, Ledo Andión propón unha reflexión en torno ao corpo como punto de chegada logo de percorrer un fío invisible que transita por un cinema da memoria, dos contrapoderes, da marxinación da muller do espazo público, do extrañamiento do seu propio corpo e do poder do ensaio fílmico como práctica artística.
Percorrer as dobras, a liña de sombra na que se engarzan variacións desa mirada diferente, dese female gaze que os estudos feministas perseguen e que vai máis aló das obras realizadas por mulleres, é o noso compromiso con autoras e autores que, a nivel de pensamento —de Benjamin a Stuart Hall—, seguen sendo fonte, con aquelas prácticas que, desde a historia material da cultura, toman posición en harmonía con Adrienne Rich e as súas reflexións no seu ensaio seminal ‘Notes toward a Politics of Location’ (1985) ou cunha xeración en presente da que unha obra de aroma fenomenológico como a de Iris Brey, Lle regard féminin (2020), é un síntoma gozoso que se alonga ás creadoras que chegan ao mundo da performance para transitar a escuridade apoiándose na incorporación canónica de imaxes patriarcais e a decisión de resignificarlas.
A sesión terá lugar o día 26 de febreiro ás 18.00 h no Edificio Nouvel e o acceso será de balde até completar a capacidade do espazo e previa retirada de entradas na web do museo a partir do mércores 24 de febreiro.
26/02/2021Museo Reina Sofía. Madrid