I Seminario de crítica en formato podcast
Organizado por A Cuarta Parede en colaboración co GEA e o Play-Doc
A Cuarta Parede retoma os seminarios de crítica en colaboración co Festival Play-Doc de Tui e co Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA). Entre os días 7 e 8 de maio terá lugar en Tui o I Seminario de crítica en formato podcast, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en aprender as nocións e ferramentas básicas para elaborar pezas de análise fílmica neste formato. O curso estará impartido polo integrante do GEA, Cibrán Tenreiro, e por Mariona Borrull.
No transcurso do seminario, que contará cunha parte teórica e outra práctica, o alumnado terán a posibilidade de elaborar pezas arredor da programación da XVIII edición do Play-Doc, co apoio de docentes especializados. Posteriormente, estas creacións serán publicadas en A Cuarta Parede.
Prazos e matrícula
A matrícula estará aberta ata o martes 3 de maio de 2022. As persoas interesadas deben escribir un correo especificando o seu desexo de participar no seminario a info@acuartaparede.com, sinalando no asunto do correo “Seminario Play-Doc” e incluíndo o seu nome completo e o DNI.
O prezo da matrícula é de 25 €. Ademais da asistencia ao curso, todo o alumnado recibirá unha acreditación completa para poder asistir ás proxeccións do festival. A maiores, ofrecerase un desconto en aloxamento para facilitar a estancia en Tui durante os días do festival.
O número de participantes estará limitado a 20, tendo prioridade aquelas persoas que realicen antes a matrícula. Tras enviar o correo, recibiranse instrucións sobre a conta bancaria na que deberán efectuar o pagamento da matrícula. É esencial efectuar o pagamento antes do día 4 de maio para facer efectiva a inclusión no curso.
+ Info en A Cuarta Parede
07/05/2022Tui