
XII edición do Día Mundial da Radio na Facultade de Ciencias da Comunicación
A.C.P Ponte…nas ondas! organiza este 13 de febreiro entre a Fac. de Comunicación da USC e a Reitoría da Universidade de Vigo
O Consello Executivo da UNESCO recomendou á Conferencia Xeral no ano 2011, que se proclamase como Día Mundial da Radio o 13 de febreiro, atendendo a unha proposta da Delegación de España nese organismo. Dado que a asociación A.C.P Ponte…nas ondas! leva traballando no mundo da radio, na súa vertente escolar, dende o ano 1995, sumámonos a esta efeméride e propomos que as escolas celebren esta data para difundir así o modelo de Ponte…nas ondas! recoñecido pola UNESCO: educación, comunicación e patrimonio.
Centos de nenos e nenas desprazaranse, uns aos estudios de radio montados a tal efecto no Edificio do Reitorado da Universidade de Vigo e na Facultade de Ciencias da Comunicación en Compostela e outros ás Radio profesionais como Radio Tui, Radio Allariz, Radio As Nogais, Radio Burela ou a Radio Afifense en Portugal.
As escolas que non teñen posibilidade de acudir a algunha emisora participarán eleborando podcast que serán dados a coñecer na mañá do día da celebración.

13/02/2023Facultade de Ciencias da Comunicación, Santiago de Compostela