Actividades
Cursos de formación, seminarios e congresos

Encontro con Margarita Ledo e proxección de `Nación´ na Faculté des Lettres, Sorbonne Université

O vindeiro 13 de outubro o CRIMIC organiza a actividade.

O vindeiro 13 de outubro o Centre de Recherches Interdisciplinaires sur les Mondes Ibériques Contemporains (CRIMIC) organiza un encontro coa coordinadora do Grupo de Estudios Audiovisuais, Margarita Ledo Andión, na súa faceta de directora. Esta actividade terá lugar no salón de actos da Faculté des Lettres,  pertencente á Sorbonne Université (París).

Ademais, proxectarase o seu filme Nación (2020, 92´), nun coloquio que contará con Marianne Bloch-Robin (Sorbonne Université), Maria Benedita Basto (Sorbonne Université) e Alba Osorio López (Sorbonne Nouvelle).

Dende a súa web faise a seguinte reflexión: “Mulleres obreiras, mulleres loitadoras. Margarita Ledo, unha das figuras esenciais da cultura cinematográfica galega, docente e catedrática, escritora, e cineasta, aborda na súa nova película, estreada e premiada no Festival de Sevilla, un relato emocionante, combativo e poético dunha loita inconclusa, a das mulleres da fábrica de cerámica da Pontesa. A través das súas figuras, rostros e voces, Ledo constrúe, nas súas propias palabras, << unha película que trata do moito que tardamos as mulleres en ter dereitos, non só en votar senón en acceder ao traballo asalariado e á posibilidade de ser independentes. En resumo, o moito que nos custou ser Nación>>.

Como cineasta, debuta na direción co díptico documental formado por Santa Liberdade (2004), a primeira película en versión orixinal galega dirixida por unha muller estreada en cinemas, e Liste, pronunciado Líster (2007). En 2012 dirixe A cicatriz branca (2012), a súa primeira longametraxe de ficción”.

Máis información.

Título do curso: Encontro con Margarita Ledo e proxección de `Nación´ na Faculté des Lettres, Sorbonne UniversitéDescrición: O vindeiro 13 de outubro o CRIMIC organiza a actividade.Datas: 13/10/2022 - 13/10/2022Lugar: Faculté des Lettres, Sorbonne Université, ParísDuración: De 18:00 a 20:00
13/10/2022Faculté des Lettres, Sorbonne Université, París
Descargas
Mediateca
© 2023 Estudos Audiovisuais