Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O Festival de Cans outorga os seus premios

"The Widow" e "Limbo" foron as grandes triunfadoras

28/05/2019

A fin de semana non só estivo marcada polo éxito de Óliver Laxe no Cannes francés, co Premio do Xurado para O que arde. O noso Cans, o do Porriño, tamén desvelou o sábado pasado o seu palmarés. A 16ª edición premiou a curtametraxe The Widow, de Noelia Muíño, como mellor guión, mellor realización e mellor dirección de fotografía para Asia Khmelova. Limbo, de Dani Viqueira, foi recoñecida como mellor curtametraxe de imaxe real e mellor banda sonora orixinal para Germán Díaz.

Na categoría de animación, a peza escollida foi Soy una tumba, de Khris Cembe, cunha mención especial do xurado para Homomaquia, de David Fidalgo Omil. Devalar, de Mar García, fíxose co premio á mellor curtametraxe de FuraCans, e Caerán lóstregos do ceo, de Adrián Canoura, obtivo unha mención especial do xurado da categoría de non ficción. En canto á interpretación, as galardoadas foron Marta Nieto, por De repente, la noche, e Jaime Olías, por O que medra por dentro.

O palmarés do festival complétase co premio do público, neste caso outorgado pola veciñanza de Cans a O que precede á caída é branco (Aldara Pagán) como mellor curtametraxe de imaxe real, cunha mención especial para De repente la noche (Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente), e a O neno bonito (Fran X. Rodríguez) como Mellor curtametraxe de ficción.

Alén das curtametraxes da sección oficial, o Festival de Cans proxectou filmes fóra de competición, acollendo por exemplo a estrea do Eroski Paraíso de Jorge Coira e Xesús Ron, adaptación da obra de teatro homónima de Chévere. Ademais, deixou unha recua de actividades variadas e dirixidas a diferentes públicos: coloquios de profesionais do audiovisual, concertos, obradoiros arredor do cinema para crianzas… O docente e realizador Pablo Romero-Fresco, membro do GEA, impartiu unha masterclass sobre subtitulado e accesibilidade na que se analizou a importancia das lendas para os públicos con dificultades de visión e audición, así como a oportunidade de proxección das linguas minorizadas a partir dun subtitulado correcto, tema que enlaza co noso proxecto EUVOS: Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais