“O que arde”, de Óliver Laxe, premio do xurado en Cannes
O primeiro filme en versión orixinal galega gaña "Un certain regard"
O pasado martes, na súa estrea na sala Debussy dentro da programación do Festival de Cannes, o filme O que arde de Óliver Laxe arrincaba a ovación do público francés. Acompañado por Amador e Benedicta, protagonistas da historia, o propio director salientaba o fito que supuña esta proxección ao converterse na primeira en lingua galega nas 72 edicións do certame. Pero a cousa non ficou aí, porque Laxe fíxose como premio do xurado na sección Un certain regard.
Este recoñecemento súmase así ao acadado polos seus anteriores filmes Todos vós sodes capitáns (2010), Premio Fipresci da Quincena de Realizadores de Cannes, e Mimosas (2016), Gran Premio da Semana da Crítica. Este terceiro galardón parece confirmar a fascinación internacional da singular maneira de ollar o mundo do galego, que contribuíu a poñer o cinema galego no mapa, sinalando para algúns críticos senón o comezo a eclosión daquilo que se deu en chamar Novo Cinema Galego, unha etiqueta en continua revisión e cuestionamento.
O que arde narra, durante as catro estacións do ano, dúas historias en paralelo: a dun veciño, Amador, que regresa á vila após cumprir unha condena acusado de provocar un incendio e a de dous brigadistas que comezan a traballar na loita contra os lumes. Porén, o filme non pon o foco na problemática da queima dos montes, senón no “ritmo milenario” da vida cotiá nesa cultura campesiña crepuscular representada por Amador e a súa nai Benedicta, que viven na compaña da cadela Lúa e tres vacas.
O que arde, con distribución de Numax, estrarase en Galicia a finais de ano.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
