Publícase o Libro de Homenaxes da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC)
Cos textos de Margarita Ledo, Néstor García Canclini e Ramón Zallo
A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AE-IC) acaba de publicar en aberto o libro de homenaxes da última edición do seu congreso internacional, que recoñeceu a traxectoria de Margarita Ledo Andión, Néstor García Canclini e Ramón Zallo. O volume inclúe as laudatorias que lles dedicaron Emili Prado, Miquel de Moragas e Mª Trinidad García Leiva, respectivamente, así como os discursos de réplica que os homenaxeados pronunciaron ao recoller as súas distincións.
A investigadora da USC e coordinadora do GEA, subliña na súa intervención a importancia de deixar de lado a competitividade en favor da solidariedade científica. A partir da disputa pola descuberta do Polo Sur que Stefan Zweig relata no seu libro Momentos estelares da humanidade, Ledo Andión destaca que, tamén ao falar da Comunicación, non nos interesa quen chegou primeiro senón «quen nos entregou un legado no que non só se constatan os feitos senón un modelo de construción de coñecemento que se organiza a redor da colaboración» e a consciencia de que «todo o aprendido debe regresar á sociedade. A nós».
Ademais dos agradecementos ao consello científico da AE-IC polo recoñecemento, a catedrática da USC deixa constancia dalgunhas «resonancias xeracionais, de tomas de posición, resonancias académicas e científicas» que marcaron a súa inscrición na asociación e tamén o devir desta. Dende a primeira comisión xestora e a primeira directiva da AE-IC na que participou á primeira semi-plenaria de Xénero no Congreso de Bilbao en 2014, agora xa sección específica de nova creación, ou a reconfiguración das relacións con América Latina e co espazo lusófono.
Ao falar da súa traxectoria investigadora, Margarita Ledo Andión pon a énfase «nas linguas non hexemónicas e o cinema», nos proxectos galegos, estatais e internacionais que levaron a recoñecer a «opción irrenunciable e insustituible no actual mapa cultural europeo» e a necesidade de contar con películas tanto en versión orixinal como en versión orixinal subtitulada nas linguas propias das cinematografías pequenas.
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]
