Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O GEA participa no IAMCR Madrid 2019

A conferencia do grupo presenta unha análise das políticas audiovisuais da UE materia de subtitulado

07/06/2019

O congreso da International Association of Media and Communication Research (IAMCR) terá lugar entre os días 7 e 11 de xullo de 2019 na Facultade de Ciencias da Información da UCM. O tema desta edición será Comunicación, Tecnoloxía e Dignidade Humana, procurando xerar un debate transversal ao longo do congreso, que permita explorar o tema desde diferentes perspectivas que interaccionen entre si.

O Grupo de Estudos Audiovisuais participa coa conferencia “Critical analysis of communication policies in the European Union: the incidence of audiovisual subtitling in the protection and promotion of minority languages”, o día 10 de xullo. Este traballo de Enrique Castelló Mayo, Margarita Ledo Andión, Antía López Gómez e Silvia Roca Baamonde está vinculado ao proxecto “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas”.

Comunicación, Tecnoloxías e Dignidade humana

O congreso da IAMCR Madrid 2019 proponse analizar o impacto das últimas tecnoloxías da comunicación na sociedade, a cultura e nos dereitos humanos, facendo especial fincapé na calidade e autenticidade das fontes e mensaxes ante o auxe da mecanización e a intelixencia artificial. Esta problemática xeral exponse no marco dos avances na tecnoloxía e o seu impacto na calidade da vida humana, a influencia das tecnoloxías da comunicación na obxectividade dos feitos, e en como se ve afectado o contexto xeopolítico e socioeconomico polos cambios na estrutura e as formas máis recentes que adoptan os procesos de comunicación.

As tendencias e escenarios descritos formulan preguntas urxentes sobre os dereitos individuais e sociais. Como pode a comunicación seguir sendo humana a pesar do entorno cada vez máis tecnolóxico dos medios e o turbulento sistema xeopolítico? Como podemos definir e reflexionar sobre as nosas identidades persoais e sociais nun momento no que as tecnoloxías emerxentes e outros factores están desafiando a noción establecida de “pertenza a unha nación”?

Tendo en conta o papel central da comunicación na organización da vida económica, política e social contemporánea, os medios dixitais están producindo profundos cambios estruturais, que se atopan no núcleo dos conflitos actuais entre as tecnoloxías e os territorios (o global e o local). Os medios dixitais estanse convertindo no espazo cultural e social no que se libran os debates pola liberdade de expresión e por outros dereitos en discusión. En paralelo, medran as tensións pola propiedade e o control dos datos dixitais persoais, a circulación de noticias “falsas” (fake news), as interferencias en campañas políticas coas implicacións da robótica.

Estamos pois, ante claros desafíos para a calidade da comunicación, da vida e a dignidade humana.

+info.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais