Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Ábrense as inscricións para a residencia “Plano Frontal”

O MDOC promove unha iniciativa arredor do documental para novas creadoras audiovisuais

07/06/2019

Do 26 de xullo ao 4 de agosto de 2019 transcorrerá en Melgaço PLANO FRONTAL_Residência Cinematográfica, vinculada ao MDOC – Festival Internacional de Documentário de Melgaço.

O obxectivo do proxecto é contribuír a crear un arquivo audiovisual sobre o patrimonio imaterial de Melgaço, dotar o Espaço Memória e Fronteira de obras audiovisuais que aborden a historia da rexión, promover o filme documental e a emerxencia de novos equipos técnicos e artísticos.

Catro equipos formados cada un por unha realizadora, unha operadora de cámara e unha de son, realizarán, durante unha semana, catro documentais sobre temas locais que lles serán propostos.

PLANO FRONTAL ten como destinatario alumnado de últimos cursos en Escolas do Ensino Superior de Cinema e de Audiovisuais, ou que teña concluído recentemente a súa formación. As participantes serán seleccionadas mediante a análise das candidaturas presentadas, e contarán logo coa orientación de Pedro Sena Nunes, realizador/tutor con longa experiencia profesional e pedagóxica.

A participación é gratuíta. A organização garantirá o aloxamento e alimentación durante a duración da residencia ás doce candidatas escollidas, proporcionando tamén apoio loxístico para o transporte aos lugares de rodaxe.

As inscricións estarán abertas até o 21 de xuño.

+info.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais