O GEA participa na rolda de prensa da Iniciativa polo galego no audiovisual sobre o relatorio para a aplicación da Directiva audiovisual no Parlamento Europeo
O sector audiovisual académico e profesional valora como un éxito inclusión dunha emenda elaborada polas entidades agrupadas na Iniciativa polo galego no audiovisual
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2023.- Representantes do sector audiovisual valoraron esta mañá en rolda de prensa a aprobación, por parte do parlamento europeo, do relatorio para a aplicación da Directiva audiovisual, salientando a inclusión dunha emenda elaborada polas entidades agrupadas na Iniciativa polo galego no audiovisual do que asistiron en representación: Margarita Ledo Andión e Mª Soliña Barreiro do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, Marcos Maceira de A Mesa pola Normalización Lingüística, Andrés Bellas de APRADOGA, Uxía Caride da AGAPI e Iria Taibo da AGPTI. Por videoconferencia, interviron os eurodeputados François Alfonsi (copresidente do intergrupo de linguas do PE) e Ana Miranda (deputada do BNG).
Margarita Ledo Andión deu paso ás diferentes intervencións na rolda. Mª Soliña Barreiro recordou que o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC leva máis de dez anos con tres proxectos de investigación vencellados con esta cuestión, como son Cine, diversidade e redes (2010-2012), eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo (2013-2015) e EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Tamén, defendeu que o traballo desenvolvido polo grupo converxe con outros operadores co fin de mellorar a lei audiovisual.
Pola súa banda, Uxía Caride, presidenta de AGAPI, salientou que se deu un paso adiante en traballo conxunto por parte do sector profesional mais que hai que seguir mellorando o marco de acción mediante maior protección para os cinemas propios dende a produtoras independentes como garantes da liberdade lingüística. Engadiu que a internacionalización do noso cinema está pasar por un bo momento e que isto é un inicio do camiño.
A seguinte intervención, correu a cargo de Marcos Maceira presidente de A Mesa pola Normalización Lingüística. Quen quixo parabenizar á sociedade galega e aos grupos polo traballo desenvolvido. Recalcou que ter acceso ao contido audiovisual en galego é un dereito que facilita a diversidade lingüística en Europa. Así como que o estado español incumpre a directiva europea na porcentaxe e cotas de emisión en linguas cooficiais.
Dende Estrasburgo, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, recalcou a aposta en común do intergrupo de linguas do PE coas emendas trasladadas á eurocámara, en particular a 16 e a 17 que xorden da Iniciativa polo galego no audiovisual. Isto beneficia a difusión de obras de todo tipo de linguas minorizadas, minoritarias ou rexionais de Europa e a representación da diversidade cultural dos territorios europeos.
De seguido, François Alfonsi, copresidente do intergrupo de linguas do PE, parabenizou ao grupo de traballo pola inclusión das linguas históricas e pola importancia neste caso da lingua galega. Andrés Bellas de APRADOGA, lembrou que o vindeiro mes se fixeron 40 anos da lei de normalización lingüística de Galicia e que esta vitoria é unha porta que se abre para loitar polo que nos interesa.
Despediu a rolda Margarita Ledo, afirmando que os dereitos de base que o propio relatorio insta a por en práctica no estado español, así como respaldar os acordos coas asociacións audiovisuais académicas e profesionais do patrimonio inmaterial e citando o libro publicado tras das xornadas organizadas dende o GEA: “Perante a nova Lei do Audiovisual: análise e perspectivas”, coordinado por Mª Soliña Barreiro e con artigos de: Margarita Ledo Andión e Antía López do GEA, Ramón Zallo da Universidad del País Vasco, Marcos Maceira de A Mesa pola Normalización Lingüística, Francesc Marco de Plataforma per la Llengua, Paul Bilbao de Euskalgintzaren Kontseilua, Uxía Caride de Agapi e Samuel Solleiro da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación.
O pasado venres, día 29 de novembro, Rocío do Pilar Sosa Fernández, investigadora en formación do Grupo de Estudos Audiovisuais, defendeu a súa tese doutoral. Obtivo a cualificación Sobresaínte Cum Laude, por unanimidade, e a mención internacional pola estancia de investigación realizada na Universidade de Aalto, en Finlandia. A dirección da tese estivo a cargo […]
A auto-biografía política, dar a ver a súa construción, a marca do dispositivo, o real como material que “debe ser ficcionado para ser pensado (Rancière) é un dos sinais e tamén os arquivos re-significados polas escrituras do “eu”, polo corpo, polos seus ecos, pola actuación… son entradas polas que accedemos ao interior do labirinto a […]
A Academia Galega do Audiovisual entregou na terza feira, día 12, os galardóns da oitava edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Nesta edición, premiáronse dous videoensaios e dous ensaios escritos. Esta iniciativa pioneira conta co respaldo das catro deputacións galegas. A entrega de premios tivo lugar no Pazo […]