Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Convite á rolda de prensa sobre a directiva europea do audiovisual

Mañá, mércores 10 de maio, ás 11h na aula 5 da Faculdade de Ciencias da Comunicación

09/05/2023

O relatorio do Parlamento europeo sobre a trasposición da directiva europea do audiovisual ven de aprobar dúas emendas sobre as que o GEA ten traballado en conxunto coa Iniciativa Galega polo Audiovisual.

Mañá, mércores 10 de maio, ás 11h na aula 5 da Faculdade de Ciencias da Comunicación de Santiago desenvolverase unha rolda de prensa na que se explicarán estas emendas, relativas a promoción do subtitulado en linguas territoriais e á mellora da difusión das obras audiovisuais en lingua minorizadas.

Nesta rolda de prensa participarán os membros da Iniciativa polo Audiovisual galego (A Mesa, Agapi, AGAG, etc) e uniranse por vídeoconferencia as eurodeputadas Kinga Gál ( Partido Popular Europeo/ CoPresidenta do Intergrupo de Linguas) e Ana Miranda (BNG- ALE).

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais