Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Nova publicación sobre a circulación de documentais en linguas minorizadas

Found in Translation: Film Festivals, Documentary and the Preservation of Linguistic Diversity

08/07/2020

A editorial Palgrave Macmillan vén de publicar un novo volume que se achega ao circuíto internacional de festivais de cinema documental para analizar o seu desenvolvemento e  a súa repercusión na visibilidade, distribución e accesibilidade dos filmes e para explorar metodoloxías coas que realizar investigación nesta contorna. Editado por Aida Vallejo (UPV/EHU) e Ezra Winton (Lakehead University, Canadá), o libro Documentary Film Festivals Vol. 1 Methods, History, Politics, reúne diversas achegas de investigadoras e investigadores procedentes de diferentes centros e disciplinas e entre as que se atopan varias integrantes e colaboradoras do GEA.

No capítulo, Found in Translation: Film Festivals, Documentary and the Preservation of Linguistic Diversity, Antía López Gómez, Aida Vallejo, Mª Soliña Barreiro e Amanda Paz Alencar aproxímanse ao xénero documental como escenario dende o que enriquecer a investigación sobre cinema en linguas minorizadas. As autoras sosteñen que, en oposición á imposición artificial de prácticas de dobraxe que moitas veces se dá no ámbito da ficción, as películas documentais favorecen as prácticas de subtitulación, proporcionando medios para experimentar a diversidade cultural e contextos multilingües dun xeito natural, e especialmente no contexto dos festivais, onde o subtitulado é a norma.

Baseado nun estudo das políticas institucionais enarboradas pola Unión Europea para fomentar e preservar a diversidade lingüística na contorna audiovisual e ao abeiro do proxecto «Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión orixinal” (MINECO, CSO2012-35784),  o capítulo analiza festivais de cine especializados en cine documental e/ ou linguas minoritarias para interrogar o seu papel na visibilidade e circulación dos filmes en linguas non hexemónicas.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais