
Found in Translation: Film Festivals, Documentary and the Preservation of Linguistic Diversity
Este capítulo de Antía López Gómez, Aida Vallejo, Mª Soliña Barreiro e Amanda Paz Alencar aproxímase ao xénero documental como escenario dende o que enriquecer a investigación sobre cinema en linguas minorizadas. En oposición á imposición artificial de prácticas de dobraxe que moitas veces se dá no ámbito da ficción, as películas documentais favorecen as prácticas de subtitulación, proporcionando medios para experimentar a diversidade cultural e contextos multilingües dun xeito natural, e especialmente no contexto dos festivais, onde o subtitulado é a norma.
Baseado nun estudo das políticas institucionais enarboradas pola Unión Europea para fomentar e preservar a diversidade lingüística na contorna audiovisual e ao abeiro do proxecto «Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das pequenas cinematografías en versión orixinal” (MINECO, CSO2012-35784), o capítulo analiza festivais de cine especializados en cine documental e/ ou linguas minoritarias para interrogar o seu papel na visibilidade e circulación dos filmes en linguas non hexemónicas.

Entidade financiadora: 6 PN - Ciencias socialesData de inicio: 01/01/2013Data de fin: 31/12/2015Importe: 45.630,00€I.P.: Margarita Ledo AndiónInvestigadores participantes: Margarita Ledo Andión