Novas datas para o Congreso Internacional ECREA 2021
A conferencia celebrarase do 6 ao 9 de setembro en Braga
A European Communication Research and Education Association (ECREA) vén de aprobar as novas datas para a 8ª Conferencia Europea de Comunicación que, finalmente, terá lugar en Braga do 6 ao 9 de setembro de 2021. Programado inicialmente do 2 ao 5 de outubro de 2020, este encontro internacional de investigación tivo que ser aprazado para dar cumprimento ás medidas de prevención adoptadas por diferentes países europeos a consecuencia da pandemia.
A nova planificación respectará todo o traballo de organización que xa tiña sido avanzado na creación do programa científico da conferencia. O proceso de revisión de propostas concluíu e as comunicacións e paneis aceptados para a edición de 2020 serán presentadas neste novo calendario. A fin de comezar coa estruturación do programa, a organización do evento procederá nos próximos días a contactar coas autoras e autores para confirmar a presentación dos seus traballos.
Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado. Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”. A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]
A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]
O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]
