A crise económica de 2008 a través de catro documentais cinematográficos: Testemuño, debate e reflexión
O propósito deste artigo é estudar como o documental representou a profunda crise económica que comezou en 2008 en España. Propoñemos aplicar unha metodoloxía de análise fílmico que nos permita xerar un novo coñecemento sobre este tema. Estudaremos Edificio España (Víctor Moreno, 2012), Libre te quiero (Basilio Martín Patino, 2012), VidaExtra (Ramiro Ledo Cordeiro, 2013) e Informe General II (Pere Portabella, 2015). Entre a primeira película e a última hai a seguinte evolución: antecedentes, o testemuño da protesta, o debate sobre os feitos inmediatos e a análise elaborada desde unha maior distancia reflexiva.
Autor/a:
Fernando Redondo Neira
Ano: 2022Titulo: A crise económica de 2008 a través de catro documentais cinematográficos: Testemuño, debate e reflexión
Categoría:
Artigo científico
Volume: 11Número: 2Páxina inicial: 1Páxina final: 11Cidade: MadridPaís: EspañaEditorial: VisualCOM Scientific Publications
