Publicacións
Descubre as publicacións do Grupo de Estudos Audiovisuais

Como chegar á segunda: entrevistas con creadoras do cine español contemporáneo

Reseña da obra: Scholz, A., Álvarez, M., Binimelis-Adell, M., Oroz, E. (Eds.)(2021). Entrevistas con creadoras del cine español contemporáneo. Millones de cosas por hacer. Peter Lang.

Este libro recolle unha serie de entrevistas e encontros con mulleres cineastas do século XXI cuxas voces están redebuxando a cinematografía nacional, a miúdo, dende as marxes da industria. A introdución perfila o contexto desta emerxencia e as principais liñas discursivas, subliñando o xurdimento de redes máis ou menos formais que permiten pensarse de maneira colectiva. As entrevistas, realizadas por especialistas en cinema español e acompañadas de retratos ex profeso, exploran as súas traxectorias laborais e vitais, as súas achegas artísticas e as particularidades do quefacer fílmico en clave de xénero. As experiencias de creadoras diversas —cuxa obra se adscribe á ficción, o documental e a animación— ofrecen unha mirada poliédrica e descentrada ao cinema contemporáneo.

Autor/a: Marta Pérez Pereiro Ano: 2023Titulo: Como chegar á segunda: entrevistas con creadoras do cine español contemporáneo Categoría: Outros Título revista/libro: Obra digitalNúmero: 23Páxina inicial: 147Páxina final: 150Cidade: BarcelonaPaís: EspañaURL: https://doi.org/10.25029/od.2023.364.23
© 2024 Estudos Audiovisuais