Seminario ‘Itinerarios Culturais e Contornas Inmersivas. Fronteiras para a Innovación Tecnolóxica, Psicoambiental e Turístico-Patrimonial’
Nun contexto de crecente dixitalización e demanda por experiencias máis inmersivas, o turismo cultural atópase ante a oportunidade de integrar tecnoloxías emerxentes e realidade virtual para enriquecer os seus itinerarios. Incorporando elementos lúdicos, psicolóxicos, educativos e de participación, estes novos modelos atraen a públicos novos, presentando un alto potencial para…
Nace a Iniciativa polo audiovisual en galego para demandar unha lei que garanta a nosa lingua
A Facultade de Comunicación acolleu a presentación da Iniciativa polo audiovisual en galego, da que forma parte o Grupo de Estudos Audiovisuais. Esta iniciativa -na que se integran entidades do ámbito académico, profesional, empresarial e lingüistico- reivindica os dereitos de Galiza e do galego na nova Lei Xeral de Comunicación…
Aberto o prazo de envío de propostas para VARIA, o novo número de C&T
Cinema e Território (C&T), a Revista Internacional de Arte y Antropología de las Imágenes, mantén aberta a chamada de artigos para a súa edición anual ata o 30 de abril de 2022. Trátase do número 7 titulado VARIA que está previsto que se publique en novembro/decembro deste mesmo ano. Promovida…
O xornalista Alfonso Alonso investiga xunto ao GEA as potencialidades de TikTok no panorama de medios estatais
Alfonso Alonso, xornalista especializado en Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión de contidos, vén de rematar un proxecto de investigación sobre a importancia de TikTok como plataforma de difusión de contidos xornalísticos e de marketing en España no marco do Grupo de Estudos Audiovisuais. Entre os resultados das súas…
Xa está dispoñible o monográfico da revista Quaderns del CAC adicado ao cinema, ficción audiovisual e diversidade lingüística
Ven de saír publicado o número 47 da revista Quaderns del CAC, editada por el Consell de l’Audiovisual de Catalunya, e na que se oferta un monográfico sobre Cinema, ficción audivisual e diversidade lingüística, unha temática directamente relacionada coas liñas de traballo que ven desenvolvendo o Grupo de Estudos Audiovisuais…
Margarida Kunsch e Moisés Martíns reciben a Insignia de Ouro da USC
Margarida M. Krohling Kunsch, da Universidade de Sao Paulo, e Moisés de Lemos Martins, da Universidade do Minho, recibiron esta mañá a Insignia de Ouro da USC nun acto no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. A catedrática emérita Margarita Ledo fixo a louvanza destes dous investigadores fundamentais…
O 18 de outubro remata o prazo do Call for Papers do VIII Congreso AE-IC – Barcelona 2022
A Asociación Española de Investigación da Comunicación AE-IC mantén aberta ata o 18 de outubro de 2021 a chamada á presentación de traballos para o VIII Congreso Internacional que se celebrará en Barcelona do 28 de xuño ao 1 de xullo de 2022. Investigadores/as en comunicación, especialmente dos ámbitos español,…
O GEA participa na homenaxe a Jesús Martín-Barbero da revista MATRIZes
A revista MATRIZes recolle no seu último número unha homenaxe ao investigador Jesús Martín-Barbero na que o GEA contribúe cun texto escrito polos profesores Margarita Ledo, Isabel Ferín, Manuel Pinto e Joseph Straubhaar. Outros pesquisadores como Maria Immacolata Vassallo de Lopes, Muniz Sodré ou Néstor García Canclini contribúen na monografía…
Margarita Ledo Andión participa nun seminario web sobre sobre documental feminista
Do 15 ao 17 de setembro, a Universitat Rovira i Virgili de Tarragona organiza un webinar titulado “El documental feminista en España como agente del cambio social” no que participará Margarita Ledo Andión. Ledo conversará con Pilar Monsell sobre a articulación a través da linguaxe documental da memoria das mulleres…
