Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Xa está dispoñible o monográfico da revista Quaderns del CAC adicado ao cinema, ficción audiovisual e diversidade lingüística

Investigadorxs do GEA participan con varios traballos

11/11/2021

Ven de saír publicado o número 47 da revista Quaderns del CAC, editada por el Consell de l’Audiovisual de Catalunya, e na que se oferta un monográfico sobre Cinema, ficción audivisual e diversidade lingüística, unha temática directamente relacionada coas liñas de traballo que ven desenvolvendo o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) nos seus últimos proxectos de investigación.

O traballo titulado Cinema con denominación de orixe, da catedrática de Comunicación Audivisual da USC e investigadora principal do GEA, Margarita Ledo Andión, abre este monográfico como sinatura convidada. Nel, deixa patente a “perfecta ironía histórica da linguaxe subalterna que se eleva por enriba da antiga lingua colonizadora ao mesmo tempo que a representa”, en alusión a escolla final da película de Pedro Costa, “Vitalina Varela” (2020) como candidata nos Óscar á mellor Longametraxe Internacional por Portugal. Este filme, que narra a historia dunha muller de 55 anos que chega a Lisboa procedente de Cabo Verde tres días despois de celebrar o funeral do seu home, estreouse en cines con subtítulos en galego e catalán, e sirve de exemplo na reflexión que fai Margarita Ledo para salientar que “os idiomas non son espectadores pasivos na xeopolítica na que están inmersos”.

Sobre filmes insignia, políticas audiovisuais e circulación trata o traballo presentado polas investigadoras Marta Pérez Pereiro, Marijo Deogracias Horrillo e María Soliña Barreiro, que estudan os casos específicos das obras audiovisuais Pa negre, Handia e O que arde, así como as políticas audiovisuais que permitiron producilas e darlles visibilidade en festivais e carteleiras de cine. Como sosteñen as investigadoras, “a presenza do que chamamos películas insignia, que gañaron premios en festivais internacionais e exhibido no seu idioma orixinal, contrbúe a  a dar algo de visibilidade” a un cine en linguas minoritarias que “en España permeceu invisible debido ás dificultade que entraña a circulación” onde a versión orixinal subtitulada (SOV) é unha opción minoritaria.

O monográfico complétase cun texto asinado por Enrique Castelló, Pietari Kääpä, Kate Moffat e Antía López sobre o posicionamento de alternativas na Europa audiovisual a través dos casos da política lingüística catalana, galega, vasca e sami. Unha das hipóteses na que se basa o artigo é que “a normalización da subtitulación no ámbito audiovisual, en particular en linguas non hexemónicas, contribúe a facilitar e consolidar a comunicación dialogada e intercultural”.

Completan a lista de artigos deste monográfico os traballos de Håkan Casares Berg e Henrique Monteagudo sobre a xuventude galega e as pantallas: unha aproximación sociolingüística; e a investigación de Pablo Romero Fresco sobre accesibilidade e estandarización: o dilema da subtitulación galega.

O número completo do monográfico sobre Cinema, ficción audivisual e diversidade lingüística pode consultarse íntegramente aquí.

MÁIS NOVAS
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
Luma AI vs. LiDAR: un estudo do GEA avalía a súa accesibilidade na creación de contornas virtuais
22/04/2026

O venres pasado, 17 de abril, Rocío del Pilar Sosa Fernández, membro do GEA, presentou a comunicación Accessibility and Efficiency in Virtual Production: A TAM-Based Comparison of Luma AI (NeRFs) and Smartphone LiDAR no marco da conferencia 2026 SJTU-IAMCR Emerging Media Conference: Creative Communication and Empowerment. Devandito evento foi organizado pola International Association for Media […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais