Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Nace a Iniciativa polo audiovisual en galego para demandar unha lei que garanta a nosa lingua

A plataforma, na que se integra o GEA, presentou múltiples emendas ao Proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual

08/02/2022

A Facultade de Comunicación acolleu a presentación da Iniciativa polo audiovisual en galego, da que forma parte o Grupo de Estudos Audiovisuais. Esta iniciativa -na que se integran entidades do ámbito académico, profesional, empresarial e lingüistico- reivindica os dereitos de Galiza e do galego na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que ultima o Goberno estatal.

O acto contou coa presenza de Margarita Ledo e Soliña Barreiro, do Grupo de Estudos Audiovisuais; Uxía Caride, da Asociación galega de produtores independentes; Manuel Arca, da Asociación galega de tradutores e interpretes; Pablo Fontenla, da Asociación galega de profesionais da dirección e realización; Vítor Grande, da Asociación sindical galega de guionistas; e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza instou por unanimidade a que a nova Lei recoñecese a pluralidade lingüistica como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda. A iniciativa foi avalada por 33 mil sinaturas e contou cun amplo acordo dos concellos galegos. O 30 de novembro o Consello de Ministros aprobou o Proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, un proxecto moi tímido no recoñecemento práctico da diversidade cultural e lingüistica, para as que non garante condicións mínimas de equidade en diversos aspectos.

En resposta a este Proxecto, a Iniciativa polo audiovisual en galego presentou múltiples emendas á norma e animou ás forzas políticas con representación no Congreso a que as rexistren. Algúns dos aspectos que se sinalan son os seguintes:

– Garantir e impulsar a dobraxe, lexendaxe, audiodescricións, aplicacións e interfaces en galego e outras linguas propias oficiais.
– Estabelecemento dun mínimo de cota de programación e catálogo en galego.
– Aumento ao 20% da obriga de financiamento anticipado para produción europea, cunha cota de financiamento de producións en linguas cooficiais estabelecendo un mínimo para elas.
– Descentralización dos centros de referencia e fondos de financiamento de producións.
– Definición de produtor independente axustada á realidade.
– Garantir os dereitos de autor e propiedade intelectual.
– Conservación de arquivos históricos audiovisuais e sonoros.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais