Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Margarida Kunsch e Moisés Martíns reciben a Insignia de Ouro da USC

Os dous investigadores debateron sobre o futuro da lusofonía na Facultade de Ciencias da Comunicación o día antes de recibir o recoñecemento

25/10/2021

Margarida M. Krohling Kunsch, da Universidade de Sao Paulo, e Moisés de Lemos Martins, da Universidade do Minho, recibiron esta mañá a Insignia de Ouro da USC nun acto no Salón de Graos do Colexio de San Xerome. A catedrática emérita Margarita Ledo fixo a louvanza destes dous investigadores fundamentais na construción do ámbito lusófono da investigación sobre comunicación. No acto interviron, amais do reitor da USC, Antonio López,  o reitor da Universidade do Minho, Rui Vieira do Castro.

A lusofonía por vir

Kunsch e Martins participaron o día anterior nun foro titulado “A lusofonía por vir” na Facultade de Ciencias da Comunicación. O acto, organizado pola AGACOM (Asociación Galega da Comunicación) e polo GEA, contou coas intervencións de do decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa Estévez, da presidenta de honra da AGACOM, Margarita Ledo, e do presidente da  Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes. O intercambio de ideas, moderado polo coordinador de Novos Medios, Xosé López, partiu dunha revisión do traballo feito nos últimos 30 anos na construción de asociacións e redes de investigadores da lusofonía e das principais accións  de achegamento cultural, como a creación do Museo Virtual da Lusofonía, tralo que se abriu o debate na procura de ideas para reforzar a esfera comunicativa lusófona. Ao debate uníronse investigadores do Grupo de Estudos Audiovisuais e do Grupo Novos Medios, amais de estudantes de Xornalismo e de Comunicación audiovisual.

 

Fotografía: Salti Alvite |USC

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais