Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

O 18 de outubro remata o prazo do Call for Papers do VIII Congreso AE-IC – Barcelona 2022

21/09/2021

A Asociación Española de Investigación da Comunicación AE-IC mantén aberta ata o 18 de outubro de 2021 a chamada á presentación de traballos para o VIII Congreso Internacional que se celebrará en Barcelona do 28 de xuño ao 1 de xullo de 2022.

Investigadores/as en comunicación, especialmente dos ámbitos español, europeo e latinoamericano, están convidados a intercambiar as súas experiencias e reflexións en torno aos múltiples e complexos ámbitos e perspectivas comunicativas. Arredor do título “Comunicación e Cidade Conectada”, esta convocatoria pretende abrir un intenso debate en torno aos cambios sobrevidos na última década e que orixinan novos desafíos económicos, sociais, ambientais, culturais e comunicativos.

O Congreso terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e prestará especial atención á investigación teórica e aplicada na comunicación e na cultura, co foco posto na participación da sociedade civil tanto nos medios públicos e comunitarios como nas redes e os medios dixitais.

Os principais obxectos de referencia en AE-IC Barcelona 2022 (https://aeicbarcelona22.org) son os medios de comunicación, as tecnoloxías da información e as industrias culturais. Todos eles abordaranse desde un punto de vista tecnolóxico, económico, creativo, diverso e plural nun contexto marcado pola converxencia multimedia, a transformación dixital e a globalización. Especial atención prestarase tamén á denominada España “baleirada” e aos seus déficits de conexión que afectan non só aos medios de comunicación se non tamén ás redes educativas ou sanitarias, entre outras.

Neste marco intégranse as tres sesións plenarias previstas en torno á Comunicación, desenvolvemento e cidade conectada; Comunicación e cultura na cidade, e Comunicación e cidadanía democrática dixital. En torno a elas artellaranse as sesións de traballo arredor das diversas seccións e grupos de traballo da AE-IC.  Recentemente, a Asociación aprobaba a continuidade e reconfiguración da súa Xunta Directiva logo do pasamento do que fora o seu presidente, Enrique Bustamante Ramírez, a quen se tributará unha homenaxe in memorian neste VIII Congreso da AE-IC.

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais